mércores, 30 de setembro de 2026

 VOLVEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS!

Unha iniciativa lectora para compartir en familia.


Retomamos a iniciativa lectora iniciada o pasado curso que ten ás familias como destinatarias. Sabemos que as familias do alumnado de 1° de ESO son sensibles aos cambios que nos seus fillos e fillas: cambio de colexio ao instituto, amizades novas, cambios no corpo e entrada na adolescencia, xestión de amizades, sexualidade, etc… O curso pasado preparamos unhas mochilas con materiais que ademais de animar á lectura tamén poden axudar a falar dos temas que lles preocupan, a compartir un tempo en común ou a reflexionar sobre como mellorar as relacións neste contexto de cambios.


Xa temos as mochilas preparadas e este mesmo venres as poñeremos en circulación, haberá unha mochila en cada un dos grupos de 1° de ESO, elaborada en colaboración co equipo de Orientación.





Cada mochila quedará unha semana en cada casa, levarase o venres e devolverase o xoves, é importante que así sexa para que a poda desfrutar o/a seguinte alumno/a . Se alguén tivera interese por quedar por máis tempo con algún material sempre o pode solicitar á biblioteca. 


Agardamos que a comunicade educativa descruba o material aportado e convidamos a que aproveiten esta ocasión para xerar momentos de encontro e conversa que seguro que serán moi enriquecedores.


Na mochila irá un papel para que valoredes os distintos recursos se así o considerades; a nos encantaríanos pois é unha gran axuda para mellorar ano tras ano. 

Grazas.


venres, 25 de setembro de 2026

Presentación da biblioteca ao novo alumnado de 1º de ESO

 Esta semana foi un pracer ter recibido a tódolos grupos de 1º da ESO na biblioteca para que coñezan este espacio multidisciplinar, fagan uso del e aporten todo o que consideren. 


Aproveitamos o tempo para facer unhas actividades e para que cada un deles collera un libro para a hora de ler que comezará no vindeiro mes. 





Grazas pola visita, agardamos vervos en breve!



martes, 15 de setembro de 2026

Novos clubs de lectura para este curso

Benvidos a un novo curso na biblioteca do IES de Brión, estamos poñendo a maquinaria a funcionar e comezamos polos clubs de lectura.

Neste curso de inicio lanzamos tres clubs:

  • Club pícaros está orientado ao alumnado máis xove (de 1º a 3º de ESO).
  • Club +15 está orientado ao alumando de 4º de ESO e bacharelato.
  • Club de adultos que está orientado ao profesorado e calquera outro membro adulto da comunidade educativa que lle apeteza ler e pasar un bo rato. 

Animádevos!

Para inscribirse acercádevos á biblioteca en calquera dos recreos ou enviade un correo electrónico a biblioiesbrion@gmail.com























venres, 29 de maio de 2026

MOCHILAS VIAXEIRAS DA IGUALDADE

Por este curso as nosas Mochilas Viaxeiras xa percorreron todas as casas do alumnado de 1º de ESO. Materiais informativos sobre os cambios na adolescencia, sexualidade, igualdade e outros materiais para axudar a nais e pais nesta etapa de cambios e para facer actividades en familia.