mércores, 30 de setembro de 2026

 VOLVEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS!

Unha iniciativa lectora para compartir en familia.


Retomamos a iniciativa lectora iniciada o pasado curso que ten ás familias como destinatarias. Sabemos que as familias do alumnado de 1° de ESO son sensibles aos cambios que nos seus fillos e fillas: cambio de colexio ao instituto, amizades novas, cambios no corpo e entrada na adolescencia, xestión de amizades, sexualidade, etc… O curso pasado preparamos unhas mochilas con materiais que ademais de animar á lectura tamén poden axudar a falar dos temas que lles preocupan, a compartir un tempo en común ou a reflexionar sobre como mellorar as relacións neste contexto de cambios.


Xa temos as mochilas preparadas e este mesmo venres as poñeremos en circulación, haberá unha mochila en cada un dos grupos de 1° de ESO, elaborada en colaboración co equipo de Orientación.





Cada mochila quedará unha semana en cada casa, levarase o venres e devolverase o xoves, é importante que así sexa para que a poda desfrutar o/a seguinte alumno/a . Se alguén tivera interese por quedar por máis tempo con algún material sempre o pode solicitar á biblioteca. 


Agardamos que a comunicade educativa descruba o material aportado e convidamos a que aproveiten esta ocasión para xerar momentos de encontro e conversa que seguro que serán moi enriquecedores.


Na mochila irá un papel para que valoredes os distintos recursos se así o considerades; a nos encantaríanos pois é unha gran axuda para mellorar ano tras ano. 

Grazas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario