Un ano máis, formamos parte da comunidade Epdlab na que aprendemos a utulizar ferramentas dixitais para combatir os discursos de odio, as fake news, a traballar pola cooperación e polo medio ambiente.... a mellorar o mundo! Obradoiros impartidos por Agareso e coordinados desde a biblioteca na que sempre aprendemos moito e queremos contarllo aos demais. O próximo ano, máis!
venres, 2 de xuño de 2023
venres, 10 de xuño de 2022
UN ANO MÁIS DE EPDLAB NO NOSO CENTRO
venres, 3 de xuño de 2022
PRESENTANDO EPDLAB NO CENTRO
No grupo de 1º A fixemos balance do traballado este ano nos obradoiros EPDLAB con Roi e María: fake-news, sexismo, voluntariado, cooperación, etc.. e preparamos unha presentación na biblioteca para presentarlles ao resto do alumnado do centro o que fixemos durante o ano. Aprendemos moito e tamén o pasamos ben!
domingo, 13 de xuño de 2021
NARRATIVAS DIXITAIS PARA MELLORAR O MUNDO
Este curso, a Biblioteca propúxolle ao grupo de 2ºESO C traballar no proxecto Epdlab promovido por AGARESO no que utilizando narrativas dixitais coñeceron e reflexionaron sobre temas que nos tocan a todas e todos: sexismo, publicidade, desigualdades... e aprenderon algunhas formas para mellorar o mundo que temos.
Moitos parabéns ao alumnado de 2ºESOC, á súa titora Tania e a AGARESO por esta proposta tan enriquecedora
Aquí vai unha mostra do que fixeron: