sábado, 27 de novembro de 2021

PEDRAS, CREBACABEZAS, XOGOS DE ESTRATEXIA...

 Xa encetando a fin deste mes tan activo, as nosas actividades de ciencia en galego tiveron como protagonistas as palabras e adiviñas, as pedras e minerais e as mates para deducir as mellores estratexias!







mércores, 24 de novembro de 2021

25N: "Non queremos ser valentes, queremos ser libres"


Dicimos non á violencia de xénero sumando voces en todas as linguas que se utilizan na nosa comunidade educativa: galego, castelán, inglés, francés, latín, polaco, sueco, asturianu, euskera, catalán, portugués, italiano e alemán. Porque en todas as linguas debemos dicir claramente que non nos dá igual, que non queremos ser valentes, queremos ser libres.


Grazas a  Iria, Irene, Lorenzo, Laura, Minia, Yago, Catuxa, Dylan, Aldara,Irene, Óscar, Esther e Tomás por darlle voz ao noso berro 

CORRELINGUA CON LUCIA ALDAO!

 Tivemos unha visita de luxo: Lucía Aldao visitou o nosos centro para compartir unha sesión co grupo de 2ºC e entre todxs reflexiobar sobre a lingua e facer aportacións para o manifesto do CORRELINGUA.


Tamén tivemos ocasión de facerlle unha pequena entrevista na nosa radio! Podedes escoitala en Radio emBRION!





xoves, 18 de novembro de 2021

A BIBLIOTECA ÉNCHESE DE CONSTRUCIÓNS!

 Nesta semana os retos foron de construcións pero de moi distinto tipo: aprendemos a facer construcións autoportantes e tamén aprendemos a reconstruír a estrutura do ADN. Os resultados son impresionantes!













luns, 15 de novembro de 2021

MICRORRELATOS GAÑADORES NA VOZ DAS AUTORAS

 As autoras dos microrrelatos gañadores no concurso de Microrrelatos de medo organizado no Samaín achegáronse aos estudios de Radio emBRION para lelos e que os poidamos escoitar nas súas voces.

Podes escoitalos en Radio em BRION premendo neste enlace 

A que son arrepiantes?



venres, 12 de novembro de 2021

RETOS NO MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

 Nesta primeira semana de retos construímos moléculas e nos divertimos co tangram: puxémonos a proba porque a veces o que parece máis doado, non o é tanto!









martes, 2 de novembro de 2021

MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

O mes de novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas e a nosa non podía ser menos!

Imos celebralo con actividades diversas: comezamos cunha charla sobre  o cambio climático e continuaremos durante todo o mes con actividades na biblioteca con retos semanais. Tamén temos unha selección de lecturas que seguro que vos interesan!



luns, 1 de novembro de 2021

OBRADOIRO GANCHILLO!

Na nosa biblioteca hai oco para todas as aprendizaxes e saberes: por que non aprender a manexar a agulla e crear obxectos de lá? 
Atrévete, contaremos cunha monitora para que vaias paso a paso creando o teu obxecto en lá. 
Tes que reservar a túa praza, son limitadas!