xoves, 20 de xaneiro de 2022

PILABOT

Hoxe puxémonos as pilas! 

Demos comezo á campaña PILABOT de recollida de pilas cunha sesión informativa co alumnado de 3º ESO que serán os encargados/as de dinamizar esta campaña. Temos un contedor na porta da biblioteca para ir xuntando o que se recolla en cada clase.

Teremos recipientes en cada clase e nos lugares comúns para ir deixando as pilas que vaiamos traendo e tamén posters informativos na biblioteca explicando a campaña e como podemos colaborar coa reciclaxe e oitar contra a contaminación e a degradación do medio ambiente

E ti, colaboras?

 

luns, 17 de xaneiro de 2022

SEMANA DE XAPÓN

Aínda que non podemos movernos como quixeramos, a biblioteca permete que viaxemos a través dos libros e dedicimos ir ata Xapón! 

Mangas si, pero moito máis! guías de viaxe, Xapón en emojis, guía para otakus e banda deseñada de autores xaponeses e non xaponeses para todos os gustos!  


 

mércores, 12 de xaneiro de 2022

HORA DE LER

 Comezamos o novo trimestre e retomamos a nosa hora de ler en 1º de ESO, con caixas de libros renovadas en cada aula e o novo calendario para que ninguén se despiste!