Amosando publicacións coa etiqueta origami. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta origami. Amosar todas as publicacións

luns, 21 de decembro de 2020

Origami na biblio: un trimestre de actividades

Neste primeiro trimestre do curso andivemos, como sabedes, a voltas cos origamis. 
E aquí tedes o resumo en imaxes!
Todos os relatos podedes escoitalos premendo aquí

domingo, 29 de novembro de 2020

ORIGAMIS QUE CONTAN HISTORIAS

 Agora que xa sabes cal é a técnica do origami, propoñémosche un reto: contar unha historia utilizando os origamis. Pode ser un relato, unha escea teatral, unha poesía.... o que ti queiras! Podes inspirarte nun origami e facer a túa obra, ou ben crear primeiro a túa obra e logo escoller un ou varios origamis que a ilustren. 

Cando a teñas feita, ensínalla ao teu/túa profesor/a e tráenola á biblioteca, teremos preparada unha ficha de presentación e os mellores relatos gravarémolos para ser emitidos pola radio e ser escoitados a através de códigos QR. Con todas as obras faremos un álbum dixital

Non deixes pasar esta ocasión!



sábado, 21 de novembro de 2020

NAVEGA EN IGUALDADE: FAI A TÚA BARQUIÑA DE PAPEL

 Neste mes de novembro xurde unha iniciativa á que nos queremos suma, xa que estamos traballando co origami: #navegaenigualdade. Podes ver o conto de "Sira e a illa. Como mudar o mundo cunha barquiña de papel" de Pamira Castro, unha narración poética apta para todas as idades onde nos propoñen facer as nosas barquiñas e contalo. Anímaste a facer a túa barquiña para @navegarenigualdade?