domingo, 28 de febreiro de 2021

LECTURAS EN IGUALDADE: "SABIAS"

Desta volta é Gustavo quen nos trae a recomendación lectora: 

Unha das últimas lecturas que máis me gustou foi “Sabias”, de Adela Muñoz Páez. A principal razón pola que me gustaría recomendarcho é pola necesidade de recoñecer e visibilizar o traballo e as aportacións que tantas mulleres fixeron á Ciencia, pero tamén pola cantidade de curiosidades que vas aprender. Ademáis de contarnos a historia dunhas poucas (nunca chegaremos a coñecelas a todas), a autora analiza as causas polas que foron invisibilizadas, e como conseguiron vencer as dificultades que a sociedade lles impoñía para poder continuar cos seus traballos. 

Despois de ler este libro, dubido que alguén se poida considerar aínda “non feminista”

Espero que che guste a lectura, e que me contes que che pareceu.


 

COMEZA A "OLIMPÍADA DE QUÍMICAS"

Nesta semana todos os recreos estarán ocupados coas nosa "Olimpíada de Químicas": 10 preguntas, dúas cada día e máis de 30 equipos participantes!

Para axudarvos coas respostas, aquí tedes uns fantásticos cartaces elaborados pola profesora Marta Elena Aguirre, a quen lle agradecemos o seu traballo. Vanvos ser de moita utilidade!

Preparadas, listas...xa!


mércores, 24 de febreiro de 2021

OBRADOIRO DE RADIO CON CHARO PITA

 Xa comezamos o noso obradoiro de radio deste ano! E cunha convidada de luxo: a escritora, actriz, narradora Charo Pita vai acompañarnos durante catro sesións onde traballaremos as nosas habilidades de dicción e expresividade... quen sabe! Se cadra ao final podemos ensinarvos unha pequena mostra deste experiencia!





24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA



Durante esta semana tivemos o noso expositor cheo das grandes obras da nosa poeta: ademais das que temos habitualmente na biblioteca poidestes ver algúns exemplares cedidos por Suso Sambade para mostrar.




Ademais poidestes apreciar como soa Rosalía ao vivo, xa que algunhas das vosas compañeiras e compañeiros foron a outras clases para recitar os versos de Rosalía e demostrar que sigue máis viva que nunca.





 

mércores, 10 de febreiro de 2021

A EXPERIMENTAR!

Sabedes que fixemos unha selección de lecturas e recursos só para vós, para que experimentedes?
Non perdades o noso recuncho de experimentación e botádelle un ollo! Podes ser a próxima/o Marie Curie, Rosalind Franklin ou Emmanuelle Charpentier... mulleres inspiradoras, das que podes buscar información no noso expositor dedicado ao Día da muller e a nena na ciencia

 

#nomorematildas: o alumnado participa

 Xa temos preparada a nosa selección de lecturas #nomorematildas para celebrar o Día da muller e a nena na ciencia e ademais o alumnado de Valores éticos de 2ºC fixo uns traballos chulísimos e super orixinais onde nos explican en que consiste a campaña e que importancia ten. 

Bravo por este alumnado de valores e con valores!




                            


                        





domingo, 7 de febreiro de 2021

OLIMPÍADA DAS QUÍMICAS


 

RECURSOS 11F: #NOMOREMATILDAS

 

Fait avec Padlet

#nomorematildas

 Co título de #nomorematildas sumámonos á campaña que se desenvolve co gallo do Día da muller e a nena na ciencia ao longo deste mes de febreiro. Por que ese nome? Na honra de Matilda Joslyn Gage, a primeira activista en denunciar a inxusticia que fixo que se ignoraran de forma sistemática os achados de brillantes científicas ao longo da historia, coñecido como "efecto Matilda". 

Toda a información sobre a campaña premendo no título: #nomorematildas

11F: Día da muller e a nena na ciencia

 Como sabedes, neste mes de febreiro celebramos o Día da muller e da nena na ciencia e a biblioteca non podía deixar pasar a oportunidade de presentarvos unha selección de fondos para que coñezades a algunhas das moitas mulleres que foron quen de deixar o seu legado científico mália os atrancos cos que se atoparon.. queres coñecelas? Vén pola biblio e escolle algunha das lecturas que che propoñemos