martes, 24 de maio de 2022

SEMENTANDO LECTURAS: CONSEGUÍMOLO!

 As nosas lectoras e lectores poden estar orgullosas: ler sementa vida! 

E somos as madriñas e padriños orgullosos das novas plantas e árbores que temos. 

Do día do libro ao día da biodiversidade só hai un chanzo.

 Parabéns!!!

            

xoves, 12 de maio de 2022

ENCONTRO CON SUSO DE TORO

 Neste mes das letras, tivemos ocasión de recibir no centro ao gran escritor Suso de Toro, protagonista das lecturas programadas neste trimestre polo Departamento de lingua galega. Ademais de ter un encontro co alumnado de bacharelato, houbo tempo para asinar os libros e tamén para facerlle unha entrevista na nosa radio. 

Non a perdades, ademais de reflexións tamén houbo tempo para as risas.


Moitas grazas, Suso pola túa visita



martes, 10 de maio de 2022

OVOS LITERARIOS 2022

 Un ano máis, as nosas lecturas tomaron corpo en forma de ovos. E que marabilla! Ademais tivemos ocasión de explicar a compañeirxs e as peques do colexio como foran feitas e en que lecturas se basearon.

Parabéns, un traballo magnífico!

luns, 9 de maio de 2022

MANIFESTO CORRELINGUA: FÁLAME!

Xa temos o manifesto correlingua no que participamos este ano! O lema é

 Fálame!

Se recordades, estivemos coa gran Lucía Aldao traballando neste manifesto. O mesmo fixeron outros centros colaboradores e de aí saíu o manifesto que podedes ler aquí.

É un texto colectivo, resultado dos obradoiros ‘Desata a lingua’ no que participaron alumnos e alumnas de: IES Da
Pedra (Ponteareas), IES A Pastoriza (Arteixo), IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra), IES Nª Sª dos Ollos
Grandes (Lugo), IES de Brión, IES 12 de outubro (Ourense), IES de Pontecaldelas, IES San Tomé de Freixeiro
(Vigo).