luns, 18 de decembro de 2023

HAI UN CÓMIC PARA TI: E TÉMOLO NA BIBLIOTECA!

 Gústannos os cómics e seguro que aínda hai algún que non descubriches. Témolos de todos os estilos e de todos os temas: historia, fantasía, amor, ciencia... Vén e escolle a túa lectura de decembro!

domingo, 17 de decembro de 2023

RETO LECTOR: 7 MESES, 7 LECTURAS

Anótate ao reto lector que te propoñemos: 
unha lectura cada mes, seguindo as indicacións da tarxeta: escolle a túa lectura, vén selala e cumpre co reto! 
Todas as tarxetas que cumpran o reto poderán optar a premios!!





 

luns, 4 de decembro de 2023

MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

 Así foi o noso Mes da ciencia en galego na biblioteca: construímos átomos e moléculas, xogamos coa lóxica, fixemos mans robóticas, vimos que todo é química,  descubrimos as cores... en galego. 

Curiosidade creatividade, cooperación e aprendizaxe!