venres, 30 de xuño de 2023

LECTURAS DA MAN DE EDUCACIÓN FÍSICA

 O departamento de educación Física anima ao alumnado a ler e o fai dun xeito moi efectivo: unha vez lido o libro, fan podcast sobre eles, queredes escoitalos?

Futuro imperfecto 

O inferno de Marta





Raquel













"As soidades de Ana"


luns, 19 de xuño de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Hai que ir preparándose para as vacacións e o mellor e ir acompañadas/os dunhas boas lecturas. Aquí van algunhas suxestións pero tedes outras moitas para levar no préstamo especial do verán. 

Leva compañía!





sábado, 17 de xuño de 2023

ENCONTRO CO XORNALISTA E ESCRITOR ALBERTO MANCEBO

 

O alumnado de oratoria tivo a sorte de encontrase co xornalista e escritor Alberto Mancebo co que compartiu unha charla superinteresante e ao que ogo tiveron ocasión de facerlle unha entrevista na radio.









Foi un encontro moi ameno e onde o tempo soubo a pouco, moitas grazas!




xoves, 15 de xuño de 2023

LECTURAS CON ORGULLO

 Esta semana temos unha selección de lecturas LGTBI no nosos andel de novidades: porque todas as realidades deben estar presentes nas nosas lecturas podemos escoller diferentes xéneros e diversas aproximacións: relfexións, teatro, novela gráfica, relatos, poesía.... lecturas con orgullo!





mércores, 14 de xuño de 2023

VISITA DE MANUEL NÚÑEZ SINGALA

 O escritor Manuel Núñez Singala foi convidado polo Departamento de Galego para falar co alumnado de 1º e 2º ESO que leran os seus libros. Manuel é un dos autores máus lidos no centro, tanto nas aulas coma no club de lectura, de feito acaba de recibir o premio deste ano ao escritor máis lido nos Clubs de lectura de Galicia. En encontro moi agradable, grazas pola visita!



venres, 2 de xuño de 2023

EPDLAB8: NARRATIVAS DIXITAIS PARA MELLORAR O MUNDO

 Un ano máis, formamos parte da comunidade Epdlab na que aprendemos a utulizar ferramentas dixitais para combatir os discursos de odio, as fake news, a traballar pola cooperación e polo medio ambiente.... a mellorar o mundo! Obradoiros impartidos por Agareso e coordinados desde a biblioteca na que sempre aprendemos moito e queremos contarllo aos demais. O próximo ano, máis!