Amosando publicacións coa etiqueta pilabot. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pilabot. Amosar todas as publicacións

mércores, 9 de marzo de 2022

COIDAMOS DO NOSO, COIDAMOS DE NÓS: 145 KILOS DE PILAS RECOLLIDAS!

Un fantástico traballo de concienciación e de posta en práctica dos #ODS2030 coa xestión de residuos e a reciclaxe coordinado polo Departamento de Tecnoloxía no que se conseguiron recuperar 145 kilos de pilas na iniciativa PILABOT.
MOITOS PARABÉNS!





 

venres, 4 de febreiro de 2022

INFOGRAFIAS PILABOT: TRABALLANDO COA INFORMACIÓN EN TECNOLOXÍA

 O alumnado de 3º ESO fixo un magnifico traballo de tratamento da información na materia de tecnoloxía coa súa profesora Luz. Aquí tedes as infografías que tamén tivestes ocasión de ver impresas na biblioteca. 

Magnífico traballo!! 

xoves, 20 de xaneiro de 2022

PILABOT

Hoxe puxémonos as pilas! 

Demos comezo á campaña PILABOT de recollida de pilas cunha sesión informativa co alumnado de 3º ESO que serán os encargados/as de dinamizar esta campaña. Temos un contedor na porta da biblioteca para ir xuntando o que se recolla en cada clase.

Teremos recipientes en cada clase e nos lugares comúns para ir deixando as pilas que vaiamos traendo e tamén posters informativos na biblioteca explicando a campaña e como podemos colaborar coa reciclaxe e oitar contra a contaminación e a degradación do medio ambiente

E ti, colaboras?