xoves, 26 de marzo de 2020

#EULEONACASA

Neste tempo de #quedarnacasa a mellor forma de viaxar, coñecer, distraernos e divertirnos é LER!
Se xa estás agotando as lecturas que tes na casa, a plataforma GALICIA LE pon a nosa disposición todo o seu catálogo de obras en formato electrónico. Só terás que rexistrarte e accederás a miles de recursos!
#euleonacasa 

CERTAME CULTURAL: RESISTIREMOS!


mércores, 18 de marzo de 2020

#EU QUEDO NA CASA: ACTIVIDADES PARA A CUARENTENA

Neste tempo de #quedarnacasa xuntamos algúns recursos que podemos aproveitar e iremos actualizando:
Podemos ver cinema Filmes en aberto: novo cinema galego
ou escoitar unha ópera cada noite no MET 
Podemos curiosear con temas de ciencia en ciencia de sofá ou coñecer lugares históricos: Visitas virtuais a lugares históricos ou os mellores museos do mundo: Visita virtual a museosMedir o que sabemos de natureza ou historia cos test do National Geographic ...
Podemos escoller entre unha morea de vídeos matemáticos practicar inglés aprendendo cienciaaprender baile tradicional, escoitar as historias de Tintin en francés ou practicar linguas escoitando calquera radio de calquera pais: Radio garden
Aproveitar para revisar a historia da literatura española, da literatura galega ou podemos aproveitar para LER. Podemos optar por novelas gráficas ou cómics e tamén algunhas editoriais puxeron en aberto libros que se poden descargar:
Ademais, está en marcha unha iniciativa para todas as idades e disciplinas: AULAS GALEGAS na que podemos atopar actividades e recursos para todas as idades.
A imaxe que vedes, así como este recurso colaborativo é de Pilar Ponte. Moitas grazas a todo o profesorado que colabora nesta e noutras iniciativas.

sábado, 14 de marzo de 2020

LECTURAS EN IGUALDADE

Mercedes achéganos unha lectura que deixa unha pegada fonda:
"Mujeres"
 de 
Eduardo Galeano
«No hay tradición cultural que no justifique el monopolio masculino de las armas y de la palabra, ni hay tradición popular que no perpetúe el desprestigio de la mujer o que no la denuncie como peligro
Con esta sentencia tan verdadeira como inxusto é o seu contido Galeano fai un percorrido por distintas etapas históricas destacando a mulleres que son un exemplo de reivindicación e loita a favor dos dereitos para o sexo feminino, nunca contra os do sexo masculino, si contra os seus privilexios.
O autor vai combinando casos reais con reflexións moi lúcidas:
«Si Eva hubiera escrito el Génesis, ¿cómo sería la primera noche de amor del género humano? Eva hubiera empezado por aclarar que ella no nació de ninguna costilla, ni conoció a ninguna serpiente, ni ofreció manzanas a nadie, y que Dios nunca le dijo que parirás con dolor y tu marido te dominará. Que todas esas historias son puras mentiras que Adán contó a la prensa.»
Recomendo a súa lectura en pequenas doses. Sen présa pero sen pausa, como o longo camiño na procura da igualdade.

LECTURAS EN IGUALDADE

Xiana achéganos unha interesante lectura para reflexionar:


"Inferior"
 de Angela Saini

"Inferior é un ensaio que busca desmontar as crenzas arraigadas sobre homes e mulleres. Mediante estudos e experimentos, a autora Ángela Saini intenta corrixir aquelas afirmacións que lexitiman a desigualdade de xénero e ofrece unha visión alternativa da ciencia onde as mulleres son incluídas. Este libro non só é unha ventá cara o noso pasado, senón tamén pode ser un exemplo de como poderiamos vivir no futuro.  Moi recomendable!"

LECTURAS EN IGUALDADE

Desta volta é Olga quen nos fai a súa recomendación:


"Persépole" 
de Marjane Satrapi
"Persépole é unha conmovedora novela gráfica da iraniana Marjane Satrapi. A historia é autobiográfica e nela Marji, a protagonista, inicia o relato narrando dende unha perspectiva infantil os cambios sociais e políticos que se producen no Irán dende a fin do reinado do sha de Persia e a aparición da 1ª República islámica ata os nosos días.
Marji é educada nunha familia progresista que trata de comprender o mundo que a rodea, no cal está moi presente o fanatismo relixioso. A novela aporta unha perspectiva crítica á represión exercida polos fundamentalistas contra a muller iraniana, privada dos dereitos máis elementais e tamén cuestiona unha Europa chea de prexuízos na que non resulta doado vivir. Todo isto con humor, sensibilidade e unhas marabillosas ilustracións que non debedes perder!"

martes, 10 de marzo de 2020

LECTURA DO MANIFESTO "ERRANTES POLO MUNDO"

Alumnado de 4 da ESO le o manifesto “ Errantes polo mundo”, escrito por Daniel Asorey e que se encadra nas celebracións do aniversario de Rosalía de Castro 2020, artelladas pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

LECTURAS EN IGUALDADE

Desta volta é Agustín quen nos trae unha recomendación para todas as idades:
"Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes"
de Elena Favili e Francesca Cavallo

"Polo noveno aniversario da  miña filla Claudia, regaleille estes dous libros, " contos de boas noites para nenas rebeldes ". Durante un tempo, todas as noites ela lía algúns capítulos, e antes de durmir, eu lle preguntaba polas novas  historias que descubrira. Claudia contoume con entusiasmo as historias de Amelia Earhart, a primeira muller aviadora en voar arredor do mundo, ou Ann Makosinski, unha inventora que creou a primeira lámpada que non necesita baterías, só co calor corporal, ou Efrosina Cruz, activista polos dereitos das mulleres indíxenas mexicanas que foi elexida presidenta do Congreso do seu país....e así, coñecimos os dous duascentos relatos sobre a vida de mulleres extraordinarias, moitas delas silenciadas pola historia"

LiBRIONesxs PREPARANDO A VISITA DE ANTONIO M. FRAGA


O noso Club de Lectura está en plena preparación da visita do autor do último libro que lemos: 
"O Bestiario científico de Anxos Nogueirosa" de Antonio M. Fraga que terá lugar o venres 3 de abril, como colofón deste trimestre.  















O noso particular bestiario, documentarnos para preparar a entrevista na radio... e a opinión dos nosos booktubers, que poderedes coñecer a próxima semana  



domingo, 8 de marzo de 2020

LECTURAS EN IGUALDADE

Desta volta é Paché quen nos achega a recomendación lectora: 
"O diario violeta de Carlota" 
de Gemma Lienas

Quen lle diría a Carlota que o agasallo que recibe da avoa polo seu aniversario e que tan pouco lle agradou, ía ser o detonante para ver a vida con lentes violetas e comezar a percatarse do machismo que nos rodea. 
O asesoramento da avoa seŕa fundamental para certificar que este está presente en moitas máis situacións das que pensamos, empezando pola propia linguaxe e que condiciona a maneira de ver a realidade. O seu consello de mirar a vida aplicando a regra de inversión, situando ao home no lugar da muller, axudaraa a descubrir esas situacións e tamén a ir incorporando, coas súas observacións, novos colaboradores nesta tarefa: Marcos, o seu irmán; Laura, a súa amiga e ...
Unha novela-diario ou un diario-novela ameno, de fácil lectura e sobre todo, aprenderás a ver a vida doutra maneira, ao igual que o fixo Carlota.
Unha obra que marcará un antes e un despois. Por momentos, mesmo te enfadarás e espertará en ti o desexo de facer algo para mudar a realidade.

mércores, 4 de marzo de 2020

VENRES POÉTICOS: DÍA DE ROSALÍA

Celebramos outro venres poético desta volta dedicado á nosa poeta, Rosalía.
Alumnado de 1º e de 2º de ESO contribuiu a que a súa poesía contínúe a formar parte de todas e todos nós. 
Grazas por celebrar con nós o Día de Rosalía!

GAÑADORAS OLIMPÍADA "MULLERES MATEMÁTICAS"

Xa temos gañadoras da Olimpíada "Mulleres matemáticas"!. 
Foi o equipo de 3º C formado por Martina Sambade Formoso, Eirena Souto Pazó e Irene Núñez Fesefeldt. 
Moitos parabéns, mozas!

As gañadoras recibiron cadanseu diploma e un agasallo como recordo do seu éxito de participación nesta proba de investigación.










Como finalistas resultaron empatados dous equipos: o de 2ºB formado por Guillermo Velo, Miguel Picos y Unai Peral; e o de 4ºB formado por Luis Guilbert, Adan Maroñas e Brais Vilaverde. 



Uns finalistas moi meritorios que chegaron ata o final cun nivel moi alto. 
Moitos parabéns!