mércores, 30 de marzo de 2022

SEMENTANDO LECTURAS!

Este mes de abril é o mes dos libro e para nós vai ser moi especial: por cada préstamo que collas na biblioteca, daremos un vale que introduciredes nunha furna. Cantos máis vales consigamos máis plantas poderemos obter e plantar nos espazos do noso centro. 
Axúdanos a conseguilo!


 

xoves, 10 de marzo de 2022

QUIZ: 10 ESCRITORAS IMPRESCINDIBLES

 Seguro que xa as coñeces porque viches os fantástios paneis informativos que fixo o alumnado de literatura universal. pero... vas acertar todas as preguntas sobre elas? 

Ponte a proba!

COÑÉCELAS? 10 ESCRITORAS IMPRESCINDIBLES

 Nun fantástico traballo promovido pola biblioteca e realizado polo alumnado de Literatura Universal de 1º BAC nesta semana do 8 de marzo queremos visibilizar tamén a mulleres que abriron camiños na literatura e que debemos coñecer. 

E ti, coñecelas?

mércores, 9 de marzo de 2022

COIDAMOS DO NOSO, COIDAMOS DE NÓS: 145 KILOS DE PILAS RECOLLIDAS!

Un fantástico traballo de concienciación e de posta en práctica dos #ODS2030 coa xestión de residuos e a reciclaxe coordinado polo Departamento de Tecnoloxía no que se conseguiron recuperar 145 kilos de pilas na iniciativa PILABOT.
MOITOS PARABÉNS!





 

domingo, 6 de marzo de 2022

CONSELLOS PARA UNHA LINGUAXE INCLUSIVA


O alumnado de 2º A na súa materia de igualdade estivo traballando sobre linguaxe inclusiva e fixo este cartaz con consellos para utilizar todos os días do ano, non só o 8 de marzo. 
Bó traballo!