xoves, 27 de maio de 2021

LECTURAS POLA IGUALDADE: " O rapaz do vestido"

 Desta volta é Teresa, profesora de Física e Tecnoloxía quen nos fai a recomendación lectora: 


"O rapaz do vestido" 

de David Walliams

Moi recomendable para rapaces e rapazas de 12 a 14 anos. O protagonista é Dennis que vive nunha casa aburrida, nunha rúa aburrida e nunha cidade aburrida e encántalle o fútbol, aínda que tamén ten outra paixón que trata de ocultar: ver series, revistas de moda e poñerse vestidos. Cando un comeza a seguir os seus soños as cousas nunha volven ser iguais...

Espero que vos guste, na nosa casa gustounos moito! 

SELECCIONADOS EN CREAcción Día do Libro 2021

 Non deixan de chegar alegrías!. A nosa proposta de "Ovos literarios" foi unha das seleccionadas na proposta de "CREAcción 2021" das Bibliotecas Escolares de Galicia. E como agasallo chegounos un lote de libros que xa temos á vosa disposición na biblioteca. 

Moitas grazas e parabéns a organizadoras e participantes!















EXPOSICIÓN GAÑADORAS DO 2º CONCURSO FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE


A pasada semana a ANPA fíxonos chegar a colección de fotografías gañadoras do 2º concurso pola igualdade organizada pola Federación de ANPAs e na que había participación dos centros de Brión. 


E grazas a colaboración de moitas mans xa podedes admirar os traballos gañadores deste pasado ano, seguro que vos animades a presentarvos na próxima convocatoria!

domingo, 23 de maio de 2021

TRABALLOS PREMIADOS NO CERTAME CULTURAL

 Queredes coñecer a sobras gañadoras do certame? Aquí as tedes:

CARTAZ

1º premio: Lía Sixto Bermúdez e Mariña Souto Pazó













POESÍA

1º premio: Rut Busto Domínguez "Desigualdade"

RELATO CURTO

Categoría A

1º premio: Ada Bigliani Vidal "Lúa de canela"

2º premio: Laura Sanz Fernández "Historia dos días pasados"

Áccesit: Lucía Molinos Carro "Aqueles pecados que olvidei"

Categoría B

1º premio: Daniel Pérez Kidd "Días de maio"

E algunhas imaxes da entrega de premios:











sábado, 22 de maio de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: XELA ARIAS

 Durante esta semana temos expostos unha escolla de materiais sobre a escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas: 

Xela Arias