mércores, 30 de novembro de 2022

UN MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA CHEO DE ACTIVIDADES!

 Aquí está o noso vídeo resumo deste mes tan cheo de actividades científicas en galego na biblioteca: actividades variadas que xuntaron moito público que experimentou, xogou, aprendeu, mostrou que se pode facer ciencia en galego e ademais é moi divertido! Parabéns ás e ós participantes e grazas ao profesorado implicado. 

Aquí tedes o noso mes:

xoves, 24 de novembro de 2022

MATEMAXIA!

 Neste mes da ciencia en galego n abiblioteca facemos maxia! Sabes que as matemáticas e a maxia teñen moito que ver? 

Proba a ver se es unha verdadeira matemaga/o!


mércores, 23 de novembro de 2022

ENCONTRO COA ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ

Tivemos a sorte de ser seleccionadas polo Ministerio de Cultura y Deporte como un dos centros escollidos no Programa de actividades literarias en institutos e escollemos a Antía Yáñez, unha das nosas escritoras favoritas, coa que xa tiveramos contacto no pasado pola lectura das suas obras no Club de lectura, para que nos visitara e poder coñecela en persoa. Unha oportunidade da que gozará o alumnado de 1º de ESO e do Club de lectura que acaban de ler obras súas. 
Unha gran sorte compartir este encontro cunha gran escritora!




 

venres, 18 de novembro de 2022

A BIBLIOTECA PREMIADA NO CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

Felices estamos coa nova do concurso de traballos por proxectos na que o traballo presentado pola nosa  biblioteca foi premiado! 

Un traballo promovido pola biblioteca e realizado o pasado curso polo alumnado de 1º de Bac na materia de Literatura Universal e María, a súa profesora.

Seguro que recordades a estas mulleres imprescindibles:

Moitas grazas por este premio e moitos parabéns a quen o fixo posible!

xoves, 17 de novembro de 2022

VISITA DA DIRECTORA XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA

Este xoves recibimos a visita da Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa que estivo acompañada polas compañeiras da Asesoría de Bibliotecas Escolares e polo noso inspector. Nesta visita o equipo de voluntarias da biblioteca foron presentando os diversos usos e espazos para a continuación facerlle unha entrevista para Radio EmBrión. 

Un pracer poder presentarlles a nova renovada biblioteca e un orgullo de equipo de voluntariado que temos!







luns, 14 de novembro de 2022

XORNADAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 A nosa biblioteca estivo presente nas Xornadas de Bibliotecas escolares celebradas o sábado 12 no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela. Convidadas pola Asesoría de Bibliotecas Escolares contamos como foi a nosa evolución nestes anos ata converternos nunha biblioteca LIA.3. Moitas grazas!



martes, 8 de novembro de 2022

domingo, 6 de novembro de 2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Este mes de novembro a biblioteca vai estar chea de ciencia: lecturas científicas, retos semanais, xogos... Cada semana sorpresas distintas, con que comezaremos?

 

venres, 4 de novembro de 2022

GAÑADORAS CONCURSO MICRORRELATOS


Parabéns ás gañadoras do noso concurso de microrrelatos do Samaín: que medo!!: Lucía M., Lucía G. e o primeiro premio para Rut B.

Moitos parabéns ás tres e atentas/os porque pronto escoitaredes os seus relatos na nosa radio na voz das suas autoras.