Xa comezamos o noso obradoiro de radio deste ano! E cunha convidada de luxo: a escritora, actriz, narradora Charo Pita vai acompañarnos durante catro sesións onde traballaremos as nosas habilidades de dicción e expresividade... quen sabe! Se cadra ao final podemos ensinarvos unha pequena mostra deste experiencia!
mércores, 24 de febreiro de 2021
24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA
Durante esta semana tivemos o noso expositor cheo das grandes obras da nosa poeta: ademais das que temos habitualmente na biblioteca poidestes ver algúns exemplares cedidos por Suso Sambade para mostrar.
Ademais poidestes apreciar como soa Rosalía ao vivo, xa que algunhas das vosas compañeiras e compañeiros foron a outras clases para recitar os versos de Rosalía e demostrar que sigue máis viva que nunca.
domingo, 21 de febreiro de 2021
mércores, 10 de febreiro de 2021
A EXPERIMENTAR!
#nomorematildas: o alumnado participa
Xa temos preparada a nosa selección de lecturas #nomorematildas para celebrar o Día da muller e a nena na ciencia e ademais o alumnado de Valores éticos de 2ºC fixo uns traballos chulísimos e super orixinais onde nos explican en que consiste a campaña e que importancia ten.
Bravo por este alumnado de valores e con valores!
domingo, 7 de febreiro de 2021
#nomorematildas
Co título de #nomorematildas sumámonos á campaña que se desenvolve co gallo do Día da muller e a nena na ciencia ao longo deste mes de febreiro. Por que ese nome? Na honra de Matilda Joslyn Gage, a primeira activista en denunciar a inxusticia que fixo que se ignoraran de forma sistemática os achados de brillantes científicas ao longo da historia, coñecido como "efecto Matilda".
Toda a información sobre a campaña premendo no título: #nomorematildas
11F: Día da muller e a nena na ciencia
Como sabedes, neste mes de febreiro celebramos o Día da muller e da nena na ciencia e a biblioteca non podía deixar pasar a oportunidade de presentarvos unha selección de fondos para que coñezades a algunhas das moitas mulleres que foron quen de deixar o seu legado científico mália os atrancos cos que se atoparon.. queres coñecelas? Vén pola biblio e escolle algunha das lecturas que che propoñemos
martes, 12 de xaneiro de 2021
NOVO ANO, NOVAS LECTURAS
luns, 21 de decembro de 2020
RECOMENDACIÓNS LECTORAS: LECTURAS DIVERSAS PARA XENTE DIVERSA
Origami na biblio: un trimestre de actividades
mércores, 16 de decembro de 2020
XA TEMOS ÁRBORE DE NADAL LECTOR!
Como non podía ser doutra forma, a nosa árbore é lectora! Ademais é de proximidade, reciclable, non contaminante e nas suas ponlas podedes xa ver algunhas das novidades que temos para vós.
Vén antes do próximo martes para levar as tuas lecturas de vacacións!