mércores, 27 de maio de 2020

CURSO DE BANDA DESEÑADA CON XOSÉ TOMÁS E KIKO DA SILVA

Dous grandes autores de cómic: Xosé Tomás e Kiko da Silva aproveitaron o confinamento para animarnos a que aprendamos sobre banda deseñada. Ofrecémoste o primeiro video e o segundo aquí. E Kiko da Silva ofrece a súa primeira lección aquí.

luns, 18 de maio de 2020

LITERATURA GALEGA EN YOUTUBE

Hoxe traémosvos un recurso que vos pode ser útil para repasar Literatura Galega, sobre todo se estades preparando as ABAU ou simplesmente pasar un bo momento mentres aprendemos algo. 
A canle de @neeumatiko é un bo exemplo de #youtubeiros #youtubeiras que fan un excelente traballo. Presentámosvos o primeiro video pero tedes ata nove revisando esta materia

domingo, 17 de maio de 2020

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Con esta ilustración de Carlos Davila queremos desexarnos que cada un dos días do ano sexa un Día das Letras Galegas!
Se queredes saber máis do homenaxeado este ano, tedes esta fantástica recompilación en Aulas Galegas
E aquí tedes unha boa mostra da actividade das Bibliotecas Escolares Galegas nestes días

PSEUDÓNIMOS DE CARVALHO CALERO EN GENIALLY

Hoxe presentámosvos un recurso moi acaído para esta semana das Letras Galegas sobre os pseudónimos utilizados por Ricardo Carvalho Calero na súa obra.
Se premes na imaxe accederás a unha máquina de pin-ball onde poderás coñecer todos eles.

sábado, 16 de maio de 2020

17 DE MAIO: RICARDO CARVALHO CALERO

Achegámonos ao Día das Letras Galegas que, como sabedes, este ano está adicado á Ricardo Carvalho Calero. Esta semana veremos diversos recursos para que coñezamos un pouco máis a este persoeiro.
Presentámosvos esta completa páxina web con moitos recursos realizada pola asociación AGAL, podedes escubrila premendo na imaxe.

venres, 15 de maio de 2020

TELEXORNAL CARVALHO CALERO

Un ano máis, os nosos compañeiros do CPI de Rois realizaron un magnífico telexornal dedicado ao protagonista do Día das Letras Galegas, Ricardo Carvalho Calero. Non perdades este divertido e rigoroso traballo de divulgación!

xoves, 14 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O alumnado de ARCO fixo un estupendo traballo sobre o Día das Letras Galegas que podedes ver neste vídeo.
Parabéns a Borja, Luz, Raúl, Brais, Andrea e Uxía!

XOGA E APRENDE IDIOMAS: LYRICSTRAINING

Presentámosvos unha web moi divertida! lyricstraining.
Con ela podes xogar e escoitar a túa música preferida, mentres completas a letra da canción. 
Non tes que rexistrarte e podes xogar desde o ordenador ou no móbil, baixando a app. Escolles o idioma, a canción, o nivel e se queres xogar ti soa/só ou competir con máis xente. 
Unha boa manera de divertirnos e practicar! Preme na imaxe ou na ligazón e xoga coa música!

mércores, 13 de maio de 2020

#QUESTAASALER "FIN DE SÉCULO EN PALESTINA

Na nosa serie #questásaler temos hoxe o titulo que está a ler Paché:
"Fin de século en Palestina" unha obra autobiográfica escrita por Miguel Anxo Murado sobre os seus cinco anos pasado en Palestina.
Podedes acceder a máis información sobre o autor e a obra na súa páxina web

martes, 12 de maio de 2020

#EULEONACASA

Leire cóntanos qué está a ler na casa: 
"La conjura de los necios" de John Kennedy Toole, un libro moi curioso, escoitade o que nos conta Leire sobre el.
E ti, que estás a ler? Mándanos un video ou unha foto coa túa lectura a biblioiesbrion@gmail.com

xoves, 7 de maio de 2020

RECOMENDACIÓN LECTORA: QUEN SALVA UN CAN?

Hoxe temos a Luz de 4º de ESO que nos fai unha recomendación lectora "Quen salva un can?" de Érica Esmorís. 
Grazas, Luz, por achegarnos esta proposta! 
E ti, que nos recomendas?