domingo, 24 de novembro de 2019

25N: CHÍOS CONTRA A VIOLENCIA

Nós tamén nos sumamos ao berro deste Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. 
E facémolo cun traballo colaborativo de alumnado e profesorado: fixemos #chíoscontraaviolencia e tamén xurdiu un rap que gravamos no noso estudio de radio. Parabéns a alumnado e profesorado implicado. Moi orgullos@s de vós!

mércores, 13 de novembro de 2019

LECTURA E DEPORTE


Temos á túa disposición fantásticas lecturas que teñen como fío común o deporte, lecturas recomendadas polo Departamento de Educación Física.



Ademáis dos libros que podes vir buscar á biblioteca, tamén temos títulos que podes ver aquí: "El detective agonías" y "La bicicleta crecedera de Óscar"

Booktubers Libriones@s!

martes, 12 de novembro de 2019

Novidades na biblioteca

Aprender a traballar coa información

Na materia de Investigación e Tratamento da Información están investigando e aprendendo cómo utilizar a información, como identificar as fontes fiables e tamén como presentar correctamente a información que obteñen das súas investigacións.

Para presentar correctamente os traballos e citar as fontes, seguimos estas indicacións
Para recoñecer as webs fiables, podemos ver este video
Para mellorar a nosa seguridade na rede, temos este recurso en vídeo tamén 
Para aprender a investigar, podemos consultar esta páxina de Es de libro
E se queres ser un experto/a no tratamento da información, podes utilizar estes materiais elaborados por Glòria Durban.

Tamén utilizamos materiais elaborados por outros centros:

Hypatia, sabes de quen falamos?

Neste mes da ciencia, poñemos de relevo a unha gran muller matemática: 

Hipatia de Alexandría

Podes vir pola biblioteca para saber algo máis dela nestes libros e cómics tan chulos

 Ou tamén podes clicar aquí ou aquí e ver a súa historia debuxada en vídeo, non a perdas!

A nosa radio: radio emBrión

A nosa radio EmBrión volve ás ondas un ano máis!
Xa temos moitas candidatas e candidatos a formar parte do equipo técnico... pero agárdanos moitas sorpresas... queres unirte a nós? 
Vén á biblioteca e pregúntanos. 

Presentamos o noso club de lectura : Libriones@s

Presentamos o noso club de lectura : Libriones@s


Os martes vémonos na biblioteca á hora de comer.


Podes ver a nosa actividade no blog do club de lectura: lecturas, booktubers, radio...

E ti, por que non te unes ao club?

Celebramos o Samaín!

O 30 de outubro celebramos o Samaín e o Magosto, participando en xogos populares e comendo moitas castañas!
Ao comezo da xornada, anunciáronse os premios de relatos de medo e de decoración de cabazas. 
A gañadora á cabaza mellor decorada foi Sarela Rodríguez Pérez de 1º, mentres que na categoría de relatos houbo 3 premios: Antela Casas Cabaleiro co 3º posto, Gabriel Ramos Caamaño coa prata, e
Antía Noya Fernández, María Dubert Trillo e Noa Sixto Bermúdez co gran premio.
Despois, a rapazada de 1º, 2º e 3º da ESO disfrutou das actividades dirixidas polo alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato: a Mariola, os bolos celtas, as chaves, a corda, a rá e o brilé, entre outras.

E para rematar a mañá, o mais importante: as castañas!

Neste video podedes ver un breve resumo do ben que o pasamos! 
Ata o próximo ano!