luns, 29 de xuño de 2020

CELEBRAMOS O 28 DE XUÑO: DÍA DO ORGULLO LGTBI

Para este Día do Orgullo LGTBI, nada mellor que celebralo cunha nova publicación. 
Neste caso vén da man do Consello da Cultura Galega e é unha banda deseñada realizada por Xulia Vicente que relata a historia de Elisa e Marcela coa intención de visibilizar a vida destas dúas mulleres, xa reconstruida parcialmente nun libro escrito por Narciso de Miguel e que podedes atopar na biblioteca.
Este cómic podedes lelo en liña ou descargalo aquí

Podedes ver como se fixo o cómic neste making of:


sábado, 27 de xuño de 2020

ENTREVISTA CON VERO BOQUETE


Premendo na ligazón podedes escoitar a entrevista íntegra que lle fixeron Claudia, Martín, Ángela e Carolina a Vero Boquete con Pablo e Rubén na mesa de son.







Unha entrevista fantástica na que, despois de documentarse e elaborar as preguntas, aproveitaron para preguntarlle a Vero todas aquelas cousas que xurdiran das súas pesquisas. 
Moitas grazas, Vero!

luns, 22 de xuño de 2020

LECTURAS DE VERÁN

E aquí temos as nosas recomendacións lectoras para este verán: cómic, novelas de intriga, poesía, ensaio, arte... todo o que se che ocorra e máis para pasar este verán en boa compañía!


E tamén o podes ver na nosa canle de youtube: https://youtu.be/qehci2B3vwE



mércores, 17 de xuño de 2020

PRÉSTAMO ESPECIAL VERÁN


Non marches de vacacións sen unha boa lectura... ou tres! Aproveita que ves devolver os libros para coller ata tres novas lecturas... estaremos o xoves 25, venres 26, luns 29 e martes 30 de 9:00 a 14:00 na biblioteca. Aproveita a ocasión!

mércores, 10 de xuño de 2020

VENRES POÉTICOS: POESIA NA BIBLIOTECA

O último día antes do confinamento tiñamos programada unha actividade que comezaramos en febreiro: os venres poéticos, neste caso en francés e inglés. Malia que non puidemos contar con tod@s as participantes, si que conseguimos unha mostra do bo facer do alumnado de linguas!. 
Moitas grazas a Tania, Antía, Inés, Sandra, Mateo, Marta e Cristina que nos mostraron que todas as linguas poden achegarnos poesía . 
Bravo!

mércores, 3 de xuño de 2020

INSPIRACIENCIA:CONCURSO DE RELATOS DE INSPIRACIÓN CIENTÍFICA

Imaxinando a ciencia desde a ficción, utilizando a creación literaria como unha forma de achegamento ao pensamento cienctífico, este concurso esta esperando polas vosas creacións.
O concurso ten dúas categorías: adulto (a partir de 18 anos) e mozo (de 12 a 17 anos) e nunha única modalidade de relato curto (máximo 800 palabras). Podes ler as bases completas aquí e a información completa premendo na imaxe

luns, 1 de xuño de 2020

BOOKTUBERS LIBRIIONESXS "O BESTIARIO CIENTÍFICO DE ANXOS NOGUEIROSA"

Aquí temos unha nova entrega dos nosos booktubers favoritos: as/os do noso club de lectura "LiBRIONesxs"
Se queredes saber que leron e que lles pareceu, preme o play!