domingo, 29 de novembro de 2020

ORIGAMIS QUE CONTAN HISTORIAS

 Agora que xa sabes cal é a técnica do origami, propoñémosche un reto: contar unha historia utilizando os origamis. Pode ser un relato, unha escea teatral, unha poesía.... o que ti queiras! Podes inspirarte nun origami e facer a túa obra, ou ben crear primeiro a túa obra e logo escoller un ou varios origamis que a ilustren. 

Cando a teñas feita, ensínalla ao teu/túa profesor/a e tráenola á biblioteca, teremos preparada unha ficha de presentación e os mellores relatos gravarémolos para ser emitidos pola radio e ser escoitados a através de códigos QR. Con todas as obras faremos un álbum dixital

Non deixes pasar esta ocasión!



mércores, 25 de novembro de 2020

VIDEO LECTURA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Non perdades este video realizado polo alumnado de música na que lle poñen voz ao libro de Fina Casalderrey 

"Ola, estúpido monstro peludo". Escoitádeo atentamente porque con él vai a nosa achega a este día 25 de novembro, 

Día pola eliminación da violencia contra as mulleres

                

sábado, 21 de novembro de 2020

NAVEGA EN IGUALDADE: FAI A TÚA BARQUIÑA DE PAPEL

 Neste mes de novembro xurde unha iniciativa á que nos queremos suma, xa que estamos traballando co origami: #navegaenigualdade. Podes ver o conto de "Sira e a illa. Como mudar o mundo cunha barquiña de papel" de Pamira Castro, unha narración poética apta para todas as idades onde nos propoñen facer as nosas barquiñas e contalo. Anímaste a facer a túa barquiña para @navegarenigualdade?

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Non queremos ter que celebrar este día, pero mentres a realidade siga sendo a que é, temos que seguir pelexando por cambiala. A nosa biblioteca quere poñer o seu gran de area para que este día coma os outros 364 sexa un día para recordar o que non podemos nin debemos consentir.
Ademais dunha selección de lecturas que tedes á vosa disposición na biblioteca, fixemos esta selección de curtas en varias linguas, para que vexamos que sexa cal for a nosa lingua ou a nosa cultura, debemos combatir a violencia contra as mulleres.


domingo, 8 de novembro de 2020

NO SAMAÍN TAMÉN LEMOS

 Aínda que neste ano non puidemos facer festa nin comer castañas todxs xuntxs, si que puidemos recomendar algunhas lecturas terroríficas! Aquí tedes algunhas imaxes de como quedou a nosa biblio coa irrupción de meigas, fantasmas, monstros e demais!