Amosando publicacións coa etiqueta 8M. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 8M. Amosar todas as publicacións

venres, 8 de marzo de 2024

MULLER DO 2024: LIDIA SÁNCHEZ MATA

 Celebramos este 8 M cunha homenaxe a Lidia, mestra poa que pasaron varias xeracións de brioneses/as e que este ano se despide de nós. Unha emocionante conversa co alumnado que serviu para agradecerlle o vivido.

O 8 de marzo tamén son os coidados e o recoñecemento daquelas que abriron camiños e seguen alentando o camiño das demais.






8 DE MARZO: FEMININO PLURAL


Celebramos o 8 de marzo cun pantel de luxo! Mulleres de Brión de distintos ámbitos deron testemuña da súa vida co alumnado de 2º de ESO que tiveron ocasión de preguntarlles pola súas vidas. 

No día das mulleres, as mulleres no centro.








xoves, 7 de marzo de 2024

BORDANDO EN VIOLETA

 O alumnado de expresión artística sumouse á celebración do 8 de marzo poñendo de relevo mulleres senlleiras en distintos campos e épocas utilizando a técnica do fotobordado. Non a perdades!






luns, 20 de marzo de 2023

23 FILÓSOFAS NO 2023

Aquí o resumo do vivido neste proxecto para visibilizar o pensamento de 23 mulleres filósofas: investigación, escolla de información, montaxe da exposición, realidade aumentada, encontro con Carme Adán, visita de alumnado a coñecer a exposición, xogar co kahoot e o quiz... moito aprendemos!

martes, 14 de marzo de 2023

KAHOOT 23 FILÓSOFAS NO 2023

 Canto sabes das filósofas que che propoñemos? Para probar ou ampliar os teus coñecementos propoñémoste este kahoot.

Atréveste?

Preme na imaxe e xoga!





luns, 6 de marzo de 2023

8 MARZO: 23 FILÓFOFAS NO 2023

Neste 8 M presentamos un traballo interdisciplinar realizado polo alumnado de 1º de Bac que nos vai dar que pensar: mulleres que moveron e moven o mundo, creadoras de pensamento e cuestionadoras de ideas: mulleres filósofas Que mellor forma de celebrar o 8 de marzo que poñendo en valor estas mulleres que malia súa valía non figuran aínda no canon filosófico?. Ademais teremos un encontro cunha delas: Carme Adán, filósofa, ensaísta, profesora, membro do Consello da Cultura Galega e autora do último manifesto da AELG no día de Rosalía terá un encontro co alumnado que estivo traballando neste tema e realizando a instalación con realidade aumentada que poderemos ver nesta semana na biblioteca. Non a perdades!



venres, 18 de novembro de 2022

A BIBLIOTECA PREMIADA NO CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

Felices estamos coa nova do concurso de traballos por proxectos na que o traballo presentado pola nosa  biblioteca foi premiado! 

Un traballo promovido pola biblioteca e realizado o pasado curso polo alumnado de 1º de Bac na materia de Literatura Universal e María, a súa profesora.

Seguro que recordades a estas mulleres imprescindibles:

Moitas grazas por este premio e moitos parabéns a quen o fixo posible!

xoves, 10 de marzo de 2022

QUIZ: 10 ESCRITORAS IMPRESCINDIBLES

 Seguro que xa as coñeces porque viches os fantástios paneis informativos que fixo o alumnado de literatura universal. pero... vas acertar todas as preguntas sobre elas? 

Ponte a proba!

COÑÉCELAS? 10 ESCRITORAS IMPRESCINDIBLES

 Nun fantástico traballo promovido pola biblioteca e realizado polo alumnado de Literatura Universal de 1º BAC nesta semana do 8 de marzo queremos visibilizar tamén a mulleres que abriron camiños na literatura e que debemos coñecer. 

E ti, coñecelas?

domingo, 6 de marzo de 2022

CONSELLOS PARA UNHA LINGUAXE INCLUSIVA


O alumnado de 2º A na súa materia de igualdade estivo traballando sobre linguaxe inclusiva e fixo este cartaz con consellos para utilizar todos os días do ano, non só o 8 de marzo. 
Bó traballo!


 

xoves, 11 de marzo de 2021

PREMIOS DA OLIMPÍADA DE QUÍMICAS

 Máis de 30 equipos participando e finalmente dous equipos gañadores ex-aequo!

                        

1º PREMIO

Equipo Pareja <3

Martina Sambade Formoso

Eirena Souto Pazó 

Equipo Leididí

Nerea Paradelo Álvarez

Unai Peral Fernández

Álvaro Francos Martínez



E unha mención especial para Claudia que foi quen deseñou a camisola exclusiva coa que as premiadas foron agasalladas


 MOITOS PARABÉNS A TODAS/OS AS PARTICIPANTES!


mércores, 10 de marzo de 2021

LAS SINSOMBRERO

 Sabedes quen foron "Las sinsombrero"?

 A xeración do 27 non se podería entender sen elas. Preme na imaxe e investiga a súa historia!





luns, 8 de marzo de 2021

CELEBRANDO O 8 DE MARZO!

 Nós tamén celebramos o 8 de marzo! 

Desde a semana pasada foron chegando propostas de lemas para este 8 de marzo con distancia pero coa convicción de que sigue sendo imprescindible reivindicar un mundo de iguais. Aquí tedes unha mostra do que foi o noso photocall!

domingo, 28 de febreiro de 2021

COMEZA A "OLIMPÍADA DE QUÍMICAS"

Nesta semana todos os recreos estarán ocupados coas nosa "Olimpíada de Químicas": 10 preguntas, dúas cada día e máis de 30 equipos participantes!

Para axudarvos coas respostas, aquí tedes uns fantásticos cartaces elaborados pola profesora Marta Elena Aguirre, a quen lle agradecemos o seu traballo. Vanvos ser de moita utilidade!

Preparadas, listas...xa!