xoves, 30 de xaneiro de 2020

CONTACONTOS INGLES-GALEGO

Para comezar con forza este novo ano, tivemos a sorte de contar cunha actividade organizada polos Departamentos de Galego e Inglés.



Viñeron dúas contadoras excepcionais: Charo Pita e Patricia McGill a contarnos historias en galego e en inglés.


Tanto Patricia como Charo teñen unha enorme traxectoria de narración oral e ademais Charo Pita conta con numerosos libros publicados ademais de espectáculos onde combina a música e a narración oral.
 Unha actividade fantástica!

MULLERES QUE ABRIRON CAMIÑOS: ROSA PARKS


Na materia de igualdade de xénero estiveron traballando o pasado mes sobre unha figura senlleira que debemos coñecer:  

 Rosa Parks

 Achegádevos pola Biblioteca e vede o traballo que fixeron sobre as fotografías que contan a súa historia.
 







martes, 28 de xaneiro de 2020

RECURSOS MULLERES GALEGAS

Sabemos que estades preparando moitos traballos que teñen que ver coas mulleres científicas e outras mulleres que salientaron en distintos eidos. Na biblioteca xa temos unha escolma de libros para que poidades utilizar e ademais aquí vos propoñemos outros recursos dixitais centrados nas mulleres galegas que vos poden ser útiles:

LECTURAS EN IGUALDADE

Hoxe é Viqui quen nos fai a recomendación lectora: 

"Acho que para a data que estamos a piques de celebrar (Día da muller e da nena na ciencia, o 11 de febreiro), non hai mellor libro que 
"A evolución de Calpurnia Tate" 
de Jacqueline Kelly
Son moitos os motivos polos que vos recomendaría esta lectura pero, entre todos, destacaría  a do papel tan importante que ten a figura de Calpurnia como naturalista, poucas son as mulleres as que se lle recoñece este papel na actualidade. A través de este libro non só Calpurnia se erixe nunha naturalista ao carón do seu avó, senon que loita contra todo aquelo que se esperaba de ela como muller nun pequeno pobo de Texas. En definitiva Calpurnia fainos soñar coa posibilidade de que as mulleres poidan ocupar o seu lugar na ciencia".

domingo, 26 de xaneiro de 2020

MARTES DE CURTAS

Comezamos cunha nova actividade para os recreos dos martes: 
MARTES DE CURTAS!

Nos dous recreos dos martes pode vir á Biblioteca e verás unha nova curtametraxe. 
Poderás votala unha vez rematada a proxección: de 1 a 4.
Polo de agora as curtas proxectadas foron valoradas cun 3, 68 e un 3. E a próxima... que puntuación lle daredes?

Vén a biblioteca o martes e vota a túa curtametraxe!