xoves, 29 de outubro de 2020

USOS BÁSICOS DAS TIC

 No Departamento de Tecnoloxía do IES de Soutomaior, Saínza Martínez elaborou unha infografías moi práticas que nos poden axudar moito a manexarnos en tarefas frecuentes que cada vez máis temos que realizar cos nosos ordenadores. Podes descargalo en pdf aquí.

Moitas grazas por este traballo e por compartilo e poñelo á disposición da comunidade a través de Aulas galegas




Recursos origami

 Aquí temos unha selección de recursos sobre origami. Xa non tes excusa para non probar!

Fait avec Padlet

domingo, 18 de outubro de 2020

COMEZAMOS CO CLUB DE LECTURA!

 Comezamos coas actividades do noso club de lectura. Se queres compartir lecturas con nós, xa sabes, anótate nesta ligazón antes do 28 de outubro. Este ano teremos grupos reducidos, así que non te demores, as prazas son limitadas!


EXPOSICIÓN "RICARDO CARVALHO CALERO"

 Como sabedes, este ano o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas é Ricardo Carvalho Calero e a partir desta semana podedes ver na biblioteca unha exposición de publicacións do autor, escollidas e cedidas por Suso Sambade para que poidades apreciar a variedade da súa produción, tanto no eido literario como na investigación.

Vide coñecelas!
            






domingo, 4 de outubro de 2020