mércores, 18 de marzo de 2020

#EU QUEDO NA CASA: ACTIVIDADES PARA A CUARENTENA

Neste tempo de #quedarnacasa xuntamos algúns recursos que podemos aproveitar e iremos actualizando:
Podemos ver cinema Filmes en aberto: novo cinema galego
ou escoitar unha ópera cada noite no MET 
Podemos curiosear con temas de ciencia en ciencia de sofá ou coñecer lugares históricos: Visitas virtuais a lugares históricos ou os mellores museos do mundo: Visita virtual a museos. Medir o que sabemos de natureza ou historia cos test do National Geographic ...
Podemos escoller entre unha morea de vídeos matemáticos , practicar inglés aprendendo ciencia, aprender baile tradicional, escoitar as historias de Tintin en francés ou practicar linguas escoitando calquera radio de calquera pais: Radio garden
Aproveitar para revisar a historia da literatura española, da literatura galega ou podemos aproveitar para LER. Podemos optar por novelas gráficas ou cómics e tamén algunhas editoriais puxeron en aberto libros que se poden descargar:
Ademais, está en marcha unha iniciativa para todas as idades e disciplinas: AULAS GALEGAS na que podemos atopar actividades e recursos para todas as idades.
A imaxe que vedes, así como este recurso colaborativo é de Pilar Ponte. Moitas grazas a todo o profesorado que colabora nesta e noutras iniciativas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario