"O diario violeta de Carlota"
de Gemma Lienas
Quen
lle diría a Carlota que o agasallo que recibe da avoa polo seu
aniversario e que tan pouco lle agradou, ía ser o detonante para
ver a vida con lentes violetas e comezar a percatarse do machismo
que nos rodea.
O asesoramento da avoa seŕa fundamental para
certificar que este está presente en moitas máis situacións das
que pensamos, empezando pola propia linguaxe e que condiciona a
maneira de ver a realidade. O seu consello de mirar
a vida aplicando a regra de inversión,
situando ao home no lugar da muller, axudaraa a descubrir esas
situacións e tamén a ir incorporando, coas súas observacións,
novos colaboradores nesta tarefa: Marcos, o seu irmán; Laura, a súa
amiga e ...
Unha
novela-diario ou un diario-novela ameno, de fácil lectura e sobre
todo, aprenderás a ver a vida doutra maneira, ao igual que o fixo
Carlota.
Unha
obra que marcará un antes e un despois. Por momentos, mesmo te
enfadarás e espertará en ti o desexo de facer algo para mudar a
realidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario