"Persépole"
de Marjane Satrapi
"Persépole é unha conmovedora novela gráfica da iraniana Marjane Satrapi. A historia é autobiográfica e nela Marji, a protagonista, inicia o relato narrando dende unha perspectiva infantil os cambios sociais e políticos que se producen no Irán dende a fin do reinado do sha de Persia e a aparición da 1ª República islámica ata os nosos días.
Marji é educada nunha familia progresista que trata de comprender o mundo que a rodea, no cal está moi presente o fanatismo relixioso. A novela aporta unha perspectiva crítica á represión exercida polos fundamentalistas contra a muller iraniana, privada dos dereitos máis elementais e tamén cuestiona unha Europa chea de prexuízos na que non resulta doado vivir. Todo isto con humor, sensibilidade e unhas marabillosas ilustracións que non debedes perder!"
Ningún comentario:
Publicar un comentario