xoves, 20 de xaneiro de 2022

PILABOT

Hoxe puxémonos as pilas! 

Demos comezo á campaña PILABOT de recollida de pilas cunha sesión informativa co alumnado de 3º ESO que serán os encargados/as de dinamizar esta campaña. Temos un contedor na porta da biblioteca para ir xuntando o que se recolla en cada clase.

Teremos recipientes en cada clase e nos lugares comúns para ir deixando as pilas que vaiamos traendo e tamén posters informativos na biblioteca explicando a campaña e como podemos colaborar coa reciclaxe e oitar contra a contaminación e a degradación do medio ambiente

E ti, colaboras?

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario