Con motivo da celebración do "Día das Escritoras", conmemorado o pasado 19 de outubro, a biblioteca do centro acolleu durante toda a semana pasada e parte desta unha exposición especial dedicada a reivindicar o labor e o legado das mulleres na literatura.
A mostra está constituída por uns cartaces informativos sobre varias escritoras relevantes da historia e da actualidade. Xunto a estes paneis, expónse unha das súas obras, todas elas pertencentes ao catálogo da nosa propia biblioteca.
O principal obxectivo desta iniciativa é visibilizar a literatura escrita por mulleres e, ao mesmo tempo, animar e incentivar o alumnado a que leve estes libros en préstamo para a súa lectura. Consideramos que é unha oportunidade excelente para que descubran novas voces, profunden en autoras esenciais e desfruten do pracer de ler.
O alumnado voluntario da biblioteca estivo a elaborar un fermoso mural co lema deste ano, neste lugar onde tantas amizades se fraguan parécenos moi enriquecedor, así que o imos deixar durante un tempiño.


Ningún comentario:
Publicar un comentario