O pasado martes, a biblioteca do noso centro converteuse nun escenario cheo de misterio, suspense e moita creatividade grazas a unha actividade na que participou o alumnado de 1º de ESO. O reto consistía en escribir un microrrelato de medo, pero non se trataba dunha tarefa sinxela: había que deixar voar a imaxinación e superar algunhas condicións que lle engadían emoción e dificultade á proposta.
Ao chegar á biblioteca, cada participante descubriu dous obxectos que debían aparecer obrigatoriamente na súa historia.
Con todos estes ingredientes, o único límite era a súa propia imaxinación. En tan só 40 minutos, tiveron que construír historias capaces de arrepiar, sorprender e manter a intriga. E vaia se o conseguiron!
A valoración da experiencia non puido ser máis positiva. O alumnado implicouse enormemente na actividade e demostrou unha gran capacidade para crear historias.
E, como toda boa historia merece un recoñecemento, o pasado venres celebramos durante o recreo a entrega dos premios aos relatos gañadores. Foi un momento moi especial no que os textos premiados se leron en voz alta na biblioteca, ante un público que seguiu as historias con enorme expectación e interese. O silencio, a intriga e algunha que outra sorpresa acompañaron a lectura dos relatos.
Parabéns a todas e todos os participantes polo seu traballo e creatividade, e, especial a Celia, Diego, Iriana, Mateo, Roi e Vega as parellas creadoras dos relatos finalistas!
Tras o éxito da actividade queda anotada para o vindeiro curso na axenda da biblioteca.



Ningún comentario:
Publicar un comentario