O pasado martes, 10 de novembro, celebramos a primeira xuntanza do noso club de lectura de adultos, na que compartimos impresións arredor da obra "A vexetariana" de Han Kang.
Unha lectura que, sen dúbida, non deixou indiferente a ninguén! Xurdiron opinións de todo tipo, reflexións e puntos de vista moi diversos que deron lugar a unha conversa animada, enriquecedora e chea de bos momentos.
Un primeiro encontro no que quedou claro que ler é tamén compartir, escoitar e descubrir novas perspectivas a través das experiencias das demais persoas.
Aproveitamos tamén para poñer en común libros que lemos e recomendamos ás demais e para escoller o vindeiro libro que será.... proximamente o desvelaremos.
Grazas a todas as persoas participantes por facer desta primeira xuntanza un espazo tan interesante e especial. Seguimos lendo e compartindo!

.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario