mércores, 4 de novembro de 2026

Mes da ciencia en galego na biblioteca

Un ano máis, a nosa biblioteca énchese de ciencia, curiosidade, experimentos e moitas ganas de aprender. 

Temos preparadas un montón de actividades diferentes para que poidades explorar, investigar, experimentar e divertirvos. Hai propostas para todos os gustos: poderemos romper a cabeza para desentrañar retos imposibles, realizaremos diversos experimentos que vos axudarán a compender o mundo,  construiremos estruturas ....


Todo isto non sería posible sen a colaboración e a implicación das compañeiras e compañeiros que prepararon as actividades con tanta ilusión. Moitísimas grazas a todas e a todos por facer posible esta celebración!

Atoparedes toda a información na porta da biblioteca e tamén no panel da exposición, onde está colocado o calendario coas actividades previstas. Botádelle unha ollada para non perder ningunha das propostas!




Tamén, como tódolos cursos preparamos unha exposición de libros relacionados coa ciencia, que coma sempre están á vosa disposición para que os levedes e, dunha forma amena, vos axuden a comprender un pouco máis este mundo no que vivides. 


Lembrade: a ciencia está en todas partes, só hai que ter curiosidade e ganas de descubrir! 

Agardámosvos!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario