xoves, 10 de febreiro de 2022
COFFEE BREAKS WITH VIDUSHI
luns, 7 de febreiro de 2022
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: ASTRÓNOMAS
Xa quecendo motores para comezar as actividades do Día da Muller e a nena na ciencia, o alumnado de Cultura Científica estivo traballando duro recompilando información sobre algunhas mulleres excepcionais: todas tiveron un papel moi relevante na astronomía ao longo da historia.
Queredes coñecelas? Aquí están estes magníficos traballos!
venres, 4 de febreiro de 2022
INFOGRAFIAS PILABOT: TRABALLANDO COA INFORMACIÓN EN TECNOLOXÍA
O alumnado de 3º ESO fixo un magnifico traballo de tratamento da información na materia de tecnoloxía coa súa profesora Luz. Aquí tedes as infografías que tamén tivestes ocasión de ver impresas na biblioteca.
Magnífico traballo!!
xoves, 20 de xaneiro de 2022
PILABOT
Demos comezo á campaña PILABOT de recollida de pilas cunha sesión informativa co alumnado de 3º ESO que serán os encargados/as de dinamizar esta campaña. Temos un contedor na porta da biblioteca para ir xuntando o que se recolla en cada clase.
Teremos recipientes en cada clase e nos lugares comúns para ir deixando as pilas que vaiamos traendo e tamén posters informativos na biblioteca explicando a campaña e como podemos colaborar coa reciclaxe e oitar contra a contaminación e a degradación do medio ambiente
E ti, colaboras?
luns, 17 de xaneiro de 2022
SEMANA DE XAPÓN
mércores, 12 de xaneiro de 2022
HORA DE LER
Comezamos o novo trimestre e retomamos a nosa hora de ler en 1º de ESO, con caixas de libros renovadas en cada aula e o novo calendario para que ninguén se despiste!
mércores, 15 de decembro de 2021
RECOMENDACIÓNS LECTORAS: LECTURAS CON-CIENCIA
Despois de pasar este mes con actividades científicas, que mellor que dedicar as nosas recomendacións ás Lecturas Con-Ciencia:
MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA
Neste pasado mes de novembro, a nosa biblioteca estivo chea de actividade!
Todas as semanas con propostas de retos, lecturas e aprendizaxes varias nas que participou alumnado de todos os niveis e nas que uns aprendimos doutras e viceversa.
Foron unhas semanas magníficas que temos que agradecer ao alumnado e profesorado que participou. Aqui tedes o resumo!
sábado, 27 de novembro de 2021
PEDRAS, CREBACABEZAS, XOGOS DE ESTRATEXIA...
mércores, 24 de novembro de 2021
25N: "Non queremos ser valentes, queremos ser libres"
Dicimos non á violencia de xénero sumando voces en todas as linguas que se utilizan na nosa comunidade educativa: galego, castelán, inglés, francés, latín, polaco, sueco, asturianu, euskera, catalán, portugués, italiano e alemán. Porque en todas as linguas debemos dicir claramente que non nos dá igual, que non queremos ser valentes, queremos ser libres.
CORRELINGUA CON LUCIA ALDAO!
Entre todxs reflexionamos sobre a lingua e fixemos aportacións para o manifesto do CORRELINGUA.Tamén tivemos ocasión de facerlle unha pequena entrevista na nosa radio! Podedes escoitala en Radio emBRION!: