martes, 28 de febreiro de 2023

ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

 No marco do programa do Ministerio de Cultura y Deporte "Encuentros con autores" tivemos a sorte de recibir a visita de Ledicia Costas, autora de cabeceira de moitas e moitos de nós, tanto adultos como peques. Desta volta foi o alumnado de 1º de BAC quen compartiu con ela as impresións sobre o libro "Infamia" e tamén sobre o resto da súa obra, o seu proceso de escrita e outras moitas cuestións que foron xurdindo na conversa.

Tamén tivemos ocasión de facerlle unha pequena entrevista que pronto escoitaredes na nosa Radio emBRION, polo de agora tan só nos queda agradecerlle a Ledicia a xenerosidade e seguir lendo os seus libros!






Ningún comentario:

Publicar un comentario