mércores, 26 de febreiro de 2020

VENRES POÉTICOS: 14 DE FEBREIRO CO ALUMNADO DE LATÍN

Grazas ao alumnado de latín celebramos o 14 de febreiro coa poesía de Ovidio "Remedia amoris" estreando os nosos "Venres poéticos". Non perdas a súa brillante actuación!

VENRES POÉTICOS


VENRES POÉTICOS

Demos comezo este venres 14 de febreiro celebrando o día do amor e seguiremos ata a véspera do Día da poesía, o 21 de marzo. 
Cada semana, unha lingua diferentes autoras, motivos ou formas...

Acompáñanos nos recreos dos venres na Biblioteca!



OBRADOIRO POESÍA E IGUALDADE CON CARLOS NEGRO

O pasado martes o alumnado de 4º de ESO tivo ocasión de coñecer a Carlos Negro, autor de dous libros que previamente leran nas aulas de galego: Penúltimas tendencias e Makinaria. 
Ademais de falar das obras lidas, neste obradoiro reflexionamos sobre os roles de xénero, o dereito a expresarmos como sentimos e tamén, como non, da linguaxe poética. Un luxo ter con nós a Carlos Negro, magnífico poeta e home comprometido coa igualdade entre homes e mulleres.

luns, 17 de febreiro de 2020

ENCONTRO CON VERO BOQUETE

Esta pasada semana tivemos a sorte de recibir a visita de Vero Boquete. En canto o soubemos puxémonos a preparar a visita: documentámonos, recabamos información, seleccionamos preguntas polas que tiñamos curiosidade... e catro reporteiras/o encargáronse de preparar a entrevista que, en breve poderemos escoitar na nosa radio. Mentres tanto, aquí temos unha breve crónica da súa visita e un petisco do que poderedes escoitar en Radio emBRION.

domingo, 16 de febreiro de 2020

11F: XINCANA E OLIMPIADA

Esta pasada semana, a biblioteca estivo moi concurrida coas actividades do Día da Muller e a nena na ciencia. 


O alumnado de 2º ESO participou por grupos nunha divertida xincana onde utilizaron varias fontes de información para respostar ás preguntas.


 E grupos de 2º 3º e 4º de ESO participaron na Olimpiada de Mulleres Matemáticas:



 Esta semana coñeceremos o resultado da olimpiada, que equipo será o gañador?



LECTURAS EN IGUALDADE

Nesta semana na que traballamos arredor do Día da Muller e a nena na ciencia, Luz achéganos esta recomendación de lectura que podedes descargar aquí:
“Científicas: pasado, presente e futuro”
Adaptación da obra de teatro do mesmo título, proposta da UCC+I da Universidade de Sevilla para facer chegar ao público a obra estrenada na Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática da mesma universidade.
Na obra participaron cinco profesoras e investigadoras Isabel Fernández, Mª Carmen Romero, Adela Muñoz, Clara Grima e Mª José Fernández dando vida a Hipatia de Alejandría, Ada Lovelace, Marie Curie, Rosalind Franklin e Hedy Lamarr. O cómic viaxa dende o pasado, a partir da obra das citadas mulleres relevantes, ata o presente no que as investigadoras relatan o seu traballo actual e finaliza mirando cara a un futuro no que 
“...o mellor está por chegar porque con vós comenza o futuro”.


xoves, 13 de febreiro de 2020

ACTIVIDADES "DIA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA"

Entre outras actividades que se fixeron no noso centro esta semana, destacamos este traballo marabilloso realizado por alumnado de 3º e 4º da ESO, un traballo completísimo e superchulo que xa queda gardado en favoritos e como recurso exemplar do que estar moi orgullosas/os! 
Parabéns!

LECTURAS EN IGUALDADE

Nesta semana no que celebramos o "Día da muller e a nena na ciencia" non poden faltar recomendacións que poñan en valor grandes mulleres científicas. Esta achéganola Sandra:


"Hipatia, la maestra" 
de Florenci Salesas

"Recomendo este libro para todo o alumnado da ESO. É moi sinxelo de ler e sería o primeiro achegamento a mulleres relevantes das matemáticas. Empecemos entón pola primeira da que se ten constancia"

Pois se aínda non a coñecedes, esta pode ser unha boa ocasión!

luns, 10 de febreiro de 2020

VISITA DE VERO BOQUETE


LECTURAS EN IGUALDADE

Hoxe é Noela quen nos recomenda unha lectura:
"Las chicas son de ciencias" 
un libro escrito por Irene Cívico e Sergio Parra e con ilustracións de Núria Aparicio.
"Dado que esta semana estamos a celebrar o Día Internacional da Muller e a nena na ciencia, unha boa recomendación sería este libro onde atopamos 25 historias de 25 científicas de gran relevancia que acadaron o seu soño de adicarse ao que máis lles gustaba na vida: investigar. Na meirande parte dos casos loitando contra as normas dunha sociedade machista que non facía máis que poñerlle atrancos no camiño.
Trátase dunha lectura moi amena cunha linguaxe moi coloquial, que mestura pingas de historia con anécdotas non menos interesantes. 
Así que...animádevos a coñecelas!

venres, 7 de febreiro de 2020

MULLERES NAS CIENCIAS

Seguimos cos recursos para aa celebración do Día da Muller e a nena na ciencia presentando un novo video de animación sobre a ambientalista Rachel Carson, unha pioneira!

xoves, 6 de febreiro de 2020

OLIMPIADA MULLERES MATEMÁTICAS

Recordade que este venres remata o prazo para anotarse. 
Facede un equipo e pasade pola Biblioteca a inscribirvos!

DIA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

A próxima semana temos unha chea de actividades para celebrar o Día da muller e a nena na ciencia: exposicións, charlas, xogos de descuberta, concurso-olimpiada....
Para a olimpiada Mulleres matemáticas precisas inscribirte cun equipo e tes ata o venres, non o esquezas!

mércores, 5 de febreiro de 2020

BOOKTUBERS LIBRIONESXS

No Club de Lectura estivemos lendo "El aliento del dragón" de Maite Carranza, unha interesante lectura que mestura realidade e ficción. 
Que lles pareceu aos nosos booktubeiros do club?

domingo, 2 de febreiro de 2020

CÓMIC CIENTÍFICAS

Presentámosvos un cómic chulísimo sobre mulleres científicas que podes descargar aquí en alta resolución ou aquí en resolución media

MULLERES CIENTÍFICAS

Para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia imos compartir algúns videos de animación realizados polo Museo da Ciencia da Universidade de Navarra. Comezamos con Alice Catherine Evans: