“Científicas:
pasado, presente e futuro”
Adaptación da obra de teatro do mesmo
título, proposta da UCC+I da
Universidade de Sevilla para facer chegar ao público a obra
estrenada na Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática da
mesma universidade.
Na obra participaron cinco profesoras e
investigadoras Isabel Fernández, Mª Carmen Romero, Adela Muñoz,
Clara Grima e Mª José Fernández dando vida a Hipatia de
Alejandría, Ada Lovelace, Marie Curie, Rosalind Franklin e Hedy
Lamarr. O cómic viaxa dende o pasado, a partir da obra das citadas
mulleres relevantes, ata o presente no que as investigadoras relatan
o seu traballo actual e finaliza mirando cara a un futuro no que
“...o mellor está por chegar porque con vós comenza o futuro”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario