martes, 28 de novembro de 2023

25 NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste 25 de novembro contruimos un muro contra a violencia de xénero no que cadaquén aportou o seu ladrillo. Aquí podes ver a publicación en Instagram

xoves, 2 de novembro de 2023

PREMIOS MICRORRELATOS

Moitos parabéns ás nosas premiadas polos seus microrrelatos: Virginia, Sara e Zoe fixeron pasar medo ao xurado que escolleu os seus traballos para premialos e que pronto poderemos escoitar na nosa radio


 

venres, 20 de outubro de 2023

ESCRITURA CREATIVA PARA O SAMAÍN

É o momento de poñerse a escribir! A nosa compañeira Noemí P. fíxonos chegar estas dúas ferramentas para facer os nosos relatos. Con estas axudas imos facer uns microrrelatos de premio!!




venres, 22 de setembro de 2023

VISITA Á NOSA BIBLIOTECA

 


Esta semana recibimos unha visita moi especial: a Fundación Bofill quixo coñecer a experiencia do programa de bibliotecas escolares en Galicia e fomos escollidas para contarlles como é a nosa biblioteca e como traballamos con ela.

Queren desenvolver un proxecto piloto en Cataluña chamado Biblio [Tech] para transformar as bibliotecas escolares en clave de cultura dixital, multialfabetización e equidade e para coñecer exemplos de boas prácticas visitaron as bibliotecas de tres centros galegos: CEE Manuel López Navalón, CEIP Emilia Pardo Bazán e a nosa biblioteca.

Moitas grazas por escollernos e pola vosa visita! 





venres, 30 de xuño de 2023

LECTURAS DA MAN DE EDUCACIÓN FÍSICA

 O departamento de educación Física anima ao alumnado a ler e o fai dun xeito moi efectivo: unha vez lido o libro, fan podcast sobre eles, queredes escoitalos?

Futuro imperfecto 

O inferno de Marta





Raquel













"As soidades de Ana"


luns, 19 de xuño de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Hai que ir preparándose para as vacacións e o mellor e ir acompañadas/os dunhas boas lecturas. Aquí van algunhas suxestións pero tedes outras moitas para levar no préstamo especial do verán. 

Leva compañía!





sábado, 17 de xuño de 2023

ENCONTRO CO XORNALISTA E ESCRITOR ALBERTO MANCEBO

 

O alumnado de oratoria tivo a sorte de encontrase co xornalista e escritor Alberto Mancebo co que compartiu unha charla superinteresante e ao que ogo tiveron ocasión de facerlle unha entrevista na radio.









Foi un encontro moi ameno e onde o tempo soubo a pouco, moitas grazas!