Esta semana recibimos unha visita moi especial: a Fundación Bofill quixo coñecer a experiencia do programa de bibliotecas escolares en Galicia e fomos escollidas para contarlles como é a nosa biblioteca e como traballamos con ela.
Queren desenvolver un proxecto piloto en Cataluña chamado Biblio [Tech] para transformar as bibliotecas escolares en clave de cultura dixital, multialfabetización e equidade e para coñecer exemplos de boas prácticas visitaron as bibliotecas de tres centros galegos: CEE Manuel López Navalón, CEIP Emilia Pardo Bazán e a nosa biblioteca.
Moitas grazas por escollernos e pola vosa visita!
Ningún comentario:
Publicar un comentario