martes, 26 de abril de 2022

III CERTAME CULTURAL

Xa está en marcha o III Certame Cultural IES de Brión organizado pola ANPA do noso centro. Podes consultar as bases premendo aquí

 

domingo, 3 de abril de 2022

XA ESTÁN AQUÍ OS OVOS LITERARIOS

Un ano máis, teremos en abril exposición de ovos literarios, le ben as bases, recolle a túa tarxeta e trae a túa obra o martes 19 de abril, á volta das vacacións!


 

mércores, 30 de marzo de 2022

SEMENTANDO LECTURAS!

Este mes de abril é o mes dos libro e para nós vai ser moi especial: por cada préstamo que collas na biblioteca, daremos un vale que introduciredes nunha furna. Cantos máis vales consigamos máis plantas poderemos obter e plantar nos espazos do noso centro. 
Axúdanos a conseguilo!


 

xoves, 10 de marzo de 2022

QUIZ: 10 ESCRITORAS IMPRESCINDIBLES

 Seguro que xa as coñeces porque viches os fantástios paneis informativos que fixo o alumnado de literatura universal. pero... vas acertar todas as preguntas sobre elas? 

Ponte a proba!

COÑÉCELAS? 10 ESCRITORAS IMPRESCINDIBLES

 Nun fantástico traballo promovido pola biblioteca e realizado polo alumnado de Literatura Universal de 1º BAC nesta semana do 8 de marzo queremos visibilizar tamén a mulleres que abriron camiños na literatura e que debemos coñecer. 

E ti, coñecelas?

mércores, 9 de marzo de 2022

COIDAMOS DO NOSO, COIDAMOS DE NÓS: 145 KILOS DE PILAS RECOLLIDAS!

Un fantástico traballo de concienciación e de posta en práctica dos #ODS2030 coa xestión de residuos e a reciclaxe coordinado polo Departamento de Tecnoloxía no que se conseguiron recuperar 145 kilos de pilas na iniciativa PILABOT.
MOITOS PARABÉNS!





 

domingo, 6 de marzo de 2022

CONSELLOS PARA UNHA LINGUAXE INCLUSIVA


O alumnado de 2º A na súa materia de igualdade estivo traballando sobre linguaxe inclusiva e fixo este cartaz con consellos para utilizar todos os días do ano, non só o 8 de marzo. 
Bó traballo!


 

xoves, 24 de febreiro de 2022

OLIMPÍADA DE MULLERES BIÓLOGAS: PARABÉNS AOS EQUIPOS!

A nosa olimpíada deste curso tivo como eixe as mulleres biólogas! Preguntas diarias que os equipos tiveron que responder buscando información nos materiais elaborados, na selección de lecturas ou a través de medios dixitais. E fixérono xenial! Chegaron todos os equipos á final aínda que só un obtivera o primeiro premio. 

Parabéns a todas as participantes e gañadoras!.

Busca de información, traballo en equipo, recreos activos e recoñecer a importancia do traballo realizado por mulleres científicas ao longo da historia no #Díadamullereanenanaciencia


mércores, 23 de febreiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA 2022: #SEMENTANDO PENSAMENTOS

 Levamos semanas #sementando pensamentos por todo o instituto e hoxe chegamos ao colofón coa lectura do manifesto da AELG: grazas a Xiana, Miguel, Maruxa e Antela por dar voz ao manifesto e a todas e todos quen sementaron pensamentos e o fan tamén día a día. 

#Día de Rosalía