xoves, 18 de novembro de 2021

A BIBLIOTECA ÉNCHESE DE CONSTRUCIÓNS!

 Nesta semana os retos foron de construcións pero de moi distinto tipo: aprendemos a facer construcións autoportantes e tamén aprendemos a reconstruír a estrutura do ADN. Os resultados son impresionantes!













luns, 15 de novembro de 2021

MICRORRELATOS GAÑADORES NA VOZ DAS AUTORAS

 As autoras dos microrrelatos gañadores no concurso de Microrrelatos de medo organizado no Samaín achegáronse aos estudios de Radio emBRION para lelos e que os poidamos escoitar nas súas voces.

Podes escoitalos en Radio em BRION premendo neste enlace 

A que son arrepiantes?



venres, 12 de novembro de 2021

RETOS NO MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

 Nesta primeira semana de retos construímos moléculas e nos divertimos co tangram: puxémonos a proba porque a veces o que parece máis doado, non o é tanto!









martes, 2 de novembro de 2021

MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

O mes de novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas e a nosa non podía ser menos!

Imos celebralo con actividades diversas: comezamos cunha charla sobre  o cambio climático e continuaremos durante todo o mes con actividades na biblioteca con retos semanais. Tamén temos unha selección de lecturas que seguro que vos interesan!



luns, 1 de novembro de 2021

OBRADOIRO GANCHILLO!

Na nosa biblioteca hai oco para todas as aprendizaxes e saberes: por que non aprender a manexar a agulla e crear obxectos de lá? 
Atrévete, contaremos cunha monitora para que vaias paso a paso creando o teu obxecto en lá. 
Tes que reservar a túa praza, son limitadas!

 

venres, 29 de outubro de 2021

GAÑADORAS DO CONCURSO DE MICRORRELATOS

Canta participación e que canta calidade!

Unha vez rematadas as deliberacións do xurado, decidiuse entregar tres premios aos seguintes relatos:

PRIMEIRO PREMIO: 

"Mellor estar no paro"

por Martina Sambade Formoso de 1º BAC-A



Finalista 

"Aínda tedes tempo" 

por Ánxela Sofía Angueira Carpio de 2º A








Finalista: 

"Boneca" 

por Lucía Martínez Caamaño de 1º C


MOITOS PARABÉNS ÁS PREMIADAS!

Poderedes escoitar estes relatos en Radio EmBrion!

xoves, 30 de setembro de 2021

PUZZLE COLABORATIVO

Queres colaborar no puzzle colectivo?

Todos os recreos está a túa disposición





Xa tes á túa disposición un puzzle para facer colaborativamente, axúdanos a rematalo!

 

mércores, 29 de setembro de 2021

NOVOS XOGOS: EXPLORA E APRENDE

 Entre as novidades deste curso, ademais de novo mobiliario están os xogos de todo tipo que tes á túa disposición: cal che gusta máis?
Podes xogar con alguén ou escoller un xogo individual
Ou podes escoller un xogo ao que non xogaras anteriormente e descubrir que che encanta!

mércores, 22 de setembro de 2021

ENTREGA DIPLOMAS VOLUNTARIADO

 

E para comezar ben este curso nada mellor que facer entrega dos diplomas de voluntariado para o equipo do pasado ano. 


Realizaron un traballo fantástico e estamos moi content@s de poder contar con el@s, a biblioteca mellorou moito grazas a el@s! 

Parabéns!




mércores, 15 de setembro de 2021

COMEZAMOS UN NOVO CURSO!


Comezamos de novo e xa temos novidades para tod@s!
Xa podes curiosear no andel de novidades: temos comics novos, moita ciencia para divulgar, últimas estreas de narrativa galega, curiosidades da historia, filosofía e libros de lectura fácil... imos telo difícil para escoller!
E temos tamén outras novidades: novo mobiliario!
estreamos cadeiras e mesas, unha nova disposición e máis posibilidades para estar cómodas e a gusto.

A que está chulísima!!?