
venres, 26 de marzo de 2021
domingo, 21 de marzo de 2021
REESCRIBINDO LECTURAS DESDE EDUCACIÓN FÍSICA
Presentámosvos un magnífico exemplo das múltiples cousas que se poden facer coas lecturas que facemos nas aulas e fóra delas. Neste caso Carmen, desde o departamento de Educación Física propúxolle ao alumnado de 1º BAC escoller unha das lecturas propostas e xogar con ela: buscarlle outro final, cambiarlle algo da trama, contalo doutro xeito... propostas abertas para que cadaquén escollese o que máis lle apetecera. E aquí tedes o resultado, audios e videos con magníficas propostas de revisión dos textos lidos:


Reescribindo as lecturas, audios de Adan, Adriana, Anabel, Carla, Daniel, Elena, Gabriel, Jose Manuel, Lorena, María, Martín, Matías, Mike, Brais, Mateo, Simón, Alberto, Adriana, Álvaro, Alyssa, Andrea, Antía, Clara, Dakota, Diana, Iria, Mario, Pablo, Santiago, Yolanda, Candela, Rodrigo, Galia e Iago
E os videos de Candela, Mario e Diana
Soidades de Ana de Candela
Soidades de Ana de Mario
Soidades de Ana de Diana
Mens sana in corpore sano!
Cal é a mellor versión? Escolle e dinos en comentarios!
domingo, 14 de marzo de 2021
OBRADOIRO DE RADIO
xoves, 11 de marzo de 2021
PREMIOS DA OLIMPÍADA DE QUÍMICAS
Máis de 30 equipos participando e finalmente dous equipos gañadores ex-aequo!:
1º PREMIO
Equipo Pareja <3
Martina Sambade Formoso
Eirena Souto Pazó
Equipo Leididí
Nerea Paradelo Álvarez
Unai Peral Fernández
Álvaro Francos Martínez
MOITOS PARABÉNS A TODAS/OS AS PARTICIPANTES!
mércores, 10 de marzo de 2021
LAS SINSOMBRERO
Sabedes quen foron "Las sinsombrero"?
A xeración do 27 non se podería entender sen elas. Preme na imaxe e investiga a súa historia!
luns, 8 de marzo de 2021
CELEBRANDO O 8 DE MARZO!
Nós tamén celebramos o 8 de marzo!
Desde a semana pasada foron chegando propostas de lemas para este 8 de marzo con distancia pero coa convicción de que sigue sendo imprescindible reivindicar un mundo de iguais. Aquí tedes unha mostra do que foi o noso photocall!