venres, 3 de abril de 2020

#EULEONACASA: QUE ESTADES A LER?

Como xa levamos moito tempo sen vernos, queremos saber de vós! 
Que estades a ler? 
Estades aproveitando para poñervos ao día nas lecturas atrasadas? Xa acabastes cos recursos que tiñades? Xa só ledes o bote de champú polas mañás?
Mandádenos algo para saber que estades aí: simplemente un correo, unha foto, un debuxo, as instrucións da bici estática, o que queirades! 
E porque non un video? É o momento para facervos booktubers e recomendarnos lecturas! 
Recorda que podes acceder ao préstamo de libros electrónico en GALICIA LE e diversas editoriais ofertaron recursos para ser descargados: Xerais, Bahía, Anagrama, Planeta, Errata Naturae ... Tamén podedes probar cos cómics e novelas gráficas recompilados aquí ou probar con este surtido que ofrece a editorial Astiberri con relatos de diversos autores: Libro verde

Ningún comentario:

Publicar un comentario