xoves, 19 de decembro de 2024

TEATRO NA BIBLIO

 O alumnado de 4º PDC pasou estas últimas semanas do trimestres escribindo, producindo e ensaiando as tres pezas teatrais que representaron finalmente hoxe diante dun púbico moi esixente: o alumnado de 1º EP do cole de Pedrouzos!

Unha experiencia fantástica que foi premiada cos aplausos sinceros do público asistente!

Parabéns!!!!

martes, 17 de decembro de 2024

DO LIBRO À PANTALLA: RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Aquí tedes as nos recomendacións lectoras: dos libros ás pantallas!

Libros que teñen a súa versión audiovisual e aos que podedes acceder nos dous formatos, algunhas veces sendo moi fieis á versión orixinal e outras con notables cambios. 
Aproveitade as vacacións para ler ou ver algunha destas obras!

 


Libros que teñen a súa versión audiovisual e aos que podedes acceder nos dous formatos, algunhas veces sendo moi fieis á versión orixinal e outras con notables cambios. Aproveitade as vacacións para ler ou ver algunha destas obras!

 

venres, 6 de decembro de 2024

Mes da ciencia en galego na biblioteca

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi o noso mes da ciencia en galego na biblioteca: matemáticas, bioloxía, física, química.... e teatro!!  

                

xoves, 5 de decembro de 2024

CONTACONTOS PARA PEQUES

O alumnado de música de 2º de ESO preparou un contacontos con todo o cariño para o alumnado da Escola Unitaria. 
Que alegría recibilos na nosa biblioteca!

 

luns, 17 de xuño de 2024

BRIÓN: FAINO POSIBLE

Presentamos o resultado do traballo que realizou o alumnado de 2ª ESO de Proxecto Competencial ao longo do curso. Traballaron sobre aspectos patrimoniais de Brión para poñelos en valor e facelos accesibles a todos e todas e como resultado, un folleto e unha páxina web na que tamén se inclúen videos con lingua de signos, subtitulado e audios explicativos. 

Podedes acceder á web premendo na imaxe


E podedes ver o folleto en galego premendo aquí e en castelán aquí



venres, 14 de xuño de 2024

AQUÍ HAI CANTEIRA!

En Brión temos excelentes deportistas que practican deportes que non sempre son ben coñecidos nin ocupan grandes titulares, neste vídeo temos algúns exemplos de xoves deportistas que contan como é a súa experiencia. 

Moi orgullosas/os deles/as!

        

luns, 10 de xuño de 2024