luns, 24 de outubro de 2022

QUE CHEGA O SAMAÍN!

Chega o Samaín e neste curso o noso lema é "Escribir na biblioteca" ... así que xa sabes!: tes ata o 28 para enviarnos as túas creacións en microrrelato ou microvídeo. 
Non agardes ao último momento, non vaia ser que as ánimas che impidan envialo.....

 

mércores, 5 de outubro de 2022

COMEZAMOS CO VOLUNTARIADO!


Comezamos a formar o equipo de voluntariado e que mellor manera que entregando os diplomas ao equipo que colaborou o pasado curso. Non están todas na foto pero a todas o noso agradecemento e parabéns!



 

venres, 30 de setembro de 2022

REAPERTURA DA NOSA BIBLIOTECA: UNHA BIBLIOTECA LIA

 Despois dun verán de traballos e dun comezo de curso rematando de colocar o equipamento e distribuir os espazos, conseguimos inaugurar a nosa nova biblioteca. Foi un camiño longo e traballoso pero aquí tedes o resultado. Para saber de onde vimos e como foi a nosa evolución fixemos este video:

luns, 4 de xullo de 2022

FALAMOS DE NÓS EN RADIO EMBRION

No marco do proxecto "Coidamos do noso, coidamos de nós" quixemos coñecernos máis porque sabemos que moitos e moitas de vós facedes cousas ben interesantes e que paga a pensa que o resto as coñeza. Entrevistamos a Laura, a Noa, a Eirena, a parte das integrantes do noso "Teatro das maniotas" e tamén tivemos unha programa ben interesante sobre lgtbi no mes do orgullo. 

Orgullo de todas vós que en distintos ámbitos sodes tan brillantes!

O próximo curso, queremos coñecerte!

venres, 10 de xuño de 2022

UN ANO MÁIS DE EPDLAB NO NOSO CENTRO

 Un ano máis, desde a biblioteca coordinamos o proxecto Epdlab de narrativas dixitais para transformar o mundo. Este ano, o grupo de 1º A foi o que tivo a sorte de participar neste proxecto coa colaboración de Nuria, a súa tiroa e Marta, a profesora de INTI. Seis obradoiros sobre diversos temas que nos van axudar a entender o mundo e sobre todo a melloralo; a experiencia do Hackaton foi estupenda e presentalo na biblioteca do centro tamén nos serviu para poñer en perspectiva todo o traballado e para dar a coñecer a experiencia ao resto do centro. 
O próximo ano repetiremos!

                

venres, 3 de xuño de 2022

PRESENTANDO EPDLAB NO CENTRO

No grupo de 1º A fixemos balance do traballado este ano nos obradoiros EPDLAB con Roi e María: fake-news, sexismo, voluntariado, cooperación, etc.. e preparamos unha presentación na biblioteca para presentarlles ao resto do alumnado do centro o que fixemos durante o ano. Aprendemos moito e tamén o pasamos ben!





martes, 24 de maio de 2022

SEMENTANDO LECTURAS: CONSEGUÍMOLO!

 As nosas lectoras e lectores poden estar orgullosas: ler sementa vida! 

E somos as madriñas e padriños orgullosos das novas plantas e árbores que temos. 

Do día do libro ao día da biodiversidade só hai un chanzo.

 Parabéns!!!