luns, 21 de decembro de 2020
RECOMENDACIÓNS LECTORAS: LECTURAS DIVERSAS PARA XENTE DIVERSA
Origami na biblio: un trimestre de actividades
mércores, 16 de decembro de 2020
XA TEMOS ÁRBORE DE NADAL LECTOR!
Como non podía ser doutra forma, a nosa árbore é lectora! Ademais é de proximidade, reciclable, non contaminante e nas suas ponlas podedes xa ver algunhas das novidades que temos para vós.
Vén antes do próximo martes para levar as tuas lecturas de vacacións!
AS NOSAS VOLUNTARIAS XA COMEZARON A SÚA ACTIVIDADE
O noso equipo de voluntarias xa comezou coa súa actividade e co identificador xa teñen o seu agasallo de benvida, co caderno de xeografías lectoras que é o lema deste ano nas nosas bibliotecas.
Estarán nos recreos axudando a organizar a biblioteca e tamén vos poden orientar ou aconsellar se precisades algo.
Bravo polas nosas voluntarias que van facer moi bo traballo na biblioteca!
venres, 11 de decembro de 2020
QUERES FACERNOS SUXESTIÓNS? XA TES COMO FACELAS
Botas algo en falta?
Pois agora xa tes a forma de facernos chegar as túas suxestións para mercar novos fondos: nada máis entrar verás a nova caixa de correos para faceros chegar as túas suxestións.
A que está chula?
mércores, 2 de decembro de 2020
QUERES SER VOLUNTARIA/O NA BIBLIOTECA
Interésanche os libros, as lecturas, as actividades que facemos na biblioteca? Entón es a persoa que buscamos: alguén con ganas de colaborar nas actividades comúns e que se comprometa a realizalas.
Formaremos un grupo de voluntarias/os, queres formar parte?
SE queres máis información, pregúntanos ou vén à reunión que teremos o próximo venres 11 no 2º recreo na biblioteca.
Vén e forma parte do grupo!
PREMIO NO CERTAME FRANCISCO AÑÓN DE POESÍA 2020
A nosa compañeira e alumna de 2º ESO, Noa de Blas Sánchez, gañou o premio da súa categoría no Certame Francisco Añón de poesía organizado polo concello de Outes.
Cun poemario titulado "Apertas plastificadas", o xurado valorou a súa visión positiva da crise sanitaria como un tempo para a reflexión, para aprendermos a apreciar as cousas.
E nós queremos felicitar a Noa e desexarlle que continúe escribindo con estes éxitos
Parabéns, Noa!
domingo, 29 de novembro de 2020
ORIGAMIS QUE CONTAN HISTORIAS
Agora que xa sabes cal é a técnica do origami, propoñémosche un reto: contar unha historia utilizando os origamis. Pode ser un relato, unha escea teatral, unha poesía.... o que ti queiras! Podes inspirarte nun origami e facer a túa obra, ou ben crear primeiro a túa obra e logo escoller un ou varios origamis que a ilustren.
Cando a teñas feita, ensínalla ao teu/túa profesor/a e tráenola á biblioteca, teremos preparada unha ficha de presentación e os mellores relatos gravarémolos para ser emitidos pola radio e ser escoitados a através de códigos QR. Con todas as obras faremos un álbum dixital
Non deixes pasar esta ocasión!
mércores, 25 de novembro de 2020
VIDEO LECTURA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Non perdades este video realizado polo alumnado de música na que lle poñen voz ao libro de Fina Casalderrey
"Ola, estúpido monstro peludo". Escoitádeo atentamente porque con él vai a nosa achega a este día 25 de novembro,
Día pola eliminación da violencia contra as mulleres
sábado, 21 de novembro de 2020
NAVEGA EN IGUALDADE: FAI A TÚA BARQUIÑA DE PAPEL
Neste mes de novembro xurde unha iniciativa á que nos queremos suma, xa que estamos traballando co origami: #navegaenigualdade. Podes ver o conto de "Sira e a illa. Como mudar o mundo cunha barquiña de papel" de Pamira Castro, unha narración poética apta para todas as idades onde nos propoñen facer as nosas barquiñas e contalo. Anímaste a facer a túa barquiña para @navegarenigualdade?
25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
domingo, 8 de novembro de 2020
NO SAMAÍN TAMÉN LEMOS
Aínda que neste ano non puidemos facer festa nin comer castañas todxs xuntxs, si que puidemos recomendar algunhas lecturas terroríficas! Aquí tedes algunhas imaxes de como quedou a nosa biblio coa irrupción de meigas, fantasmas, monstros e demais!
xoves, 29 de outubro de 2020
USOS BÁSICOS DAS TIC
No Departamento de Tecnoloxía do IES de Soutomaior, Saínza Martínez elaborou unha infografías moi práticas que nos poden axudar moito a manexarnos en tarefas frecuentes que cada vez máis temos que realizar cos nosos ordenadores. Podes descargalo en pdf aquí.
Moitas grazas por este traballo e por compartilo e poñelo á disposición da comunidade a través de Aulas galegas
