luns, 8 de abril de 2024

OBRADOIRO DE ESTAMPACIÓN

 A próxima semana imos estampar coa cricut. Vén ao obradoiro de estampación e trae o que queiras estampar: unha camiseta, unha bolsa, un estoxo.... non perDas a ocasión de aprender a estampar!



xoves, 21 de marzo de 2024

MES DA POESÍA

 Neste mes non paramos coa poesía! Temos o reto lector, selección de lecturas, encontro con poeta, poema colaborativo e caligramas e poemas dadá realizados polo alumnado de francés!



martes, 19 de marzo de 2024

venres, 15 de marzo de 2024

DÍA DE PI

Celebramos o Día de Pi creando a silueta dunha cidade utilizando os decimais! 
No Día Mundial das matemáticas, entre todos fixemos s #cidadedepi




 

martes, 12 de marzo de 2024

venres, 8 de marzo de 2024

MULLER DO 2024: LIDIA SÁNCHEZ MATA

 Celebramos este 8 M cunha homenaxe a Lidia, mestra poa que pasaron varias xeracións de brioneses/as e que este ano se despide de nós. Unha emocionante conversa co alumnado que serviu para agradecerlle o vivido.

O 8 de marzo tamén son os coidados e o recoñecemento daquelas que abriron camiños e seguen alentando o camiño das demais.






8 DE MARZO: FEMININO PLURAL


Celebramos o 8 de marzo cun pantel de luxo! Mulleres de Brión de distintos ámbitos deron testemuña da súa vida co alumnado de 2º de ESO que tiveron ocasión de preguntarlles pola súas vidas. 

No día das mulleres, as mulleres no centro.








xoves, 7 de marzo de 2024

BORDANDO EN VIOLETA

 O alumnado de expresión artística sumouse á celebración do 8 de marzo poñendo de relevo mulleres senlleiras en distintos campos e épocas utilizando a técnica do fotobordado. Non a perdades!






luns, 26 de febreiro de 2024

ENCONTRO CON DAVID SAAVEDRA

 Tivemos a agardada visita de David Saavedra a quen o alumnado de 1º de Bac e 4º ESO leu o seu libro de memorias "Memorias de un ex-nazi". Unha gran testemuña para aprender como actúan as redes de odio!



venres, 23 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA: HERBARIO E POEMAS

 No #Díade Rosalía celebramos con poemas e natureza a nosa poeta. 

O alumnado de PDC fixo uns lindos e delicados herbarios que nos mostraron con cadanseu poema nunha exposición na biblioteca. 

Un traballo fantástico!








martes, 20 de febreiro de 2024

EXPOSICIÓN EXXPERIMENTA EN FEMININO

 Nesta semana temos a oportunidade de contar coa exposición realizada polo Fecyt e a Universidade de Vigo "Exxperimenta en feminino" arredor do #Díadanenaneamullernaciencia. 

Aproveitamos para buscar información a través dun cuestionario creado por nós e coñecer algo máis destas investigadoras e referentes