xoves, 15 de xuño de 2023

LECTURAS CON ORGULLO

 Esta semana temos unha selección de lecturas LGTBI no nosos andel de novidades: porque todas as realidades deben estar presentes nas nosas lecturas podemos escoller diferentes xéneros e diversas aproximacións: relfexións, teatro, novela gráfica, relatos, poesía.... lecturas con orgullo!





mércores, 14 de xuño de 2023

VISITA DE MANUEL NÚÑEZ SINGALA

 O escritor Manuel Núñez Singala foi convidado polo Departamento de Galego para falar co alumnado de 1º e 2º ESO que leran os seus libros. Manuel é un dos autores máus lidos no centro, tanto nas aulas coma no club de lectura, de feito acaba de recibir o premio deste ano ao escritor máis lido nos Clubs de lectura de Galicia. En encontro moi agradable, grazas pola visita!



venres, 2 de xuño de 2023

EPDLAB8: NARRATIVAS DIXITAIS PARA MELLORAR O MUNDO

 Un ano máis, formamos parte da comunidade Epdlab na que aprendemos a utulizar ferramentas dixitais para combatir os discursos de odio, as fake news, a traballar pola cooperación e polo medio ambiente.... a mellorar o mundo! Obradoiros impartidos por Agareso e coordinados desde a biblioteca na que sempre aprendemos moito e queremos contarllo aos demais. O próximo ano, máis!

mércores, 31 de maio de 2023

DÍA MUNDIAL DA BICI

Esta semana celebramos tamén na biblioteca o Día da bici: temos unha selección de lecturas, carteis feitos polo alumnado de francés e un obradoiro de chapas! Todo para animarte a que utilices a bici nesta semana e sempre que poidas   #bibliotecasescolaresgalicia #bescolaresgal #diadabici #planlia #plambe

martes, 25 de abril de 2023

luns, 24 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO: MINILIBROS PARA TODXS!

 O alumnado de 1° fixo uns minilibros dinámicos chulísimos!!! Podedes ver esta exposición de miniaturas esta semana e facer os vosos! Estamos nos recreos para axudarvos;)




martes, 18 de abril de 2023

TENDAL DOS LIBROS

Imos preparando o Día do libro e para iso precisávosmos! Manda o teu libro imprescindible a biblioiesbrion@gmail.com nesta semana para que forme parte das nosas recomendacións! #planlia #plambe #diadolibro



 

venres, 24 de marzo de 2023

ESCRIBIMOS POESÍA NA BIBLIOTECA

 Utilizando o lema deste ano nas bibliotecas escolares "Escribimos na biblioteca escolar", elebramos o Día da Poesía escribindo haikus feitos polo alumnado, poemas escollidos e escritos por todos os recunchos e unha selección de lecturas poéticas para todos os gustos.

mércores, 22 de marzo de 2023

RECITAL DÍA DA POESÍA

 Celebramos o #diamundialdapoesía cun marabilloso recital de poemas escollidos polo alumnado de oratoria que mostrou que diversos poden ser os artefactos poéticos e que riqueza poética temos na nosa literatura! O público foi agasallado cunha pequena mostra dos poemas recitados polo alumnado que recibiu un merecido aplauso! 👏👏


luns, 20 de marzo de 2023

DÍA DA POESÍA


 

23 FILÓSOFAS NO 2023

Aquí o resumo do vivido neste proxecto para visibilizar o pensamento de 23 mulleres filósofas: investigación, escolla de información, montaxe da exposición, realidade aumentada, encontro con Carme Adán, visita de alumnado a coñecer a exposición, xogar co kahoot e o quiz... moito aprendemos!