venres, 18 de novembro de 2022

A BIBLIOTECA PREMIADA NO CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

Felices estamos coa nova do concurso de traballos por proxectos na que o traballo presentado pola nosa  biblioteca foi premiado! 

Un traballo promovido pola biblioteca e realizado o pasado curso polo alumnado de 1º de Bac na materia de Literatura Universal e María, a súa profesora.

Seguro que recordades a estas mulleres imprescindibles:

Moitas grazas por este premio e moitos parabéns a quen o fixo posible!

xoves, 17 de novembro de 2022

VISITA DA DIRECTORA XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA

Este xoves recibimos a visita da Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa que estivo acompañada polas compañeiras da Asesoría de Bibliotecas Escolares e polo noso inspector. Nesta visita o equipo de voluntarias da biblioteca foron presentando os diversos usos e espazos para a continuación facerlle unha entrevista para Radio EmBrión. 

Un pracer poder presentarlles a nova renovada biblioteca e un orgullo de equipo de voluntariado que temos!







luns, 14 de novembro de 2022

XORNADAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 A nosa biblioteca estivo presente nas Xornadas de Bibliotecas escolares celebradas o sábado 12 no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela. Convidadas pola Asesoría de Bibliotecas Escolares contamos como foi a nosa evolución nestes anos ata converternos nunha biblioteca LIA.3. Moitas grazas!



martes, 8 de novembro de 2022

domingo, 6 de novembro de 2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Este mes de novembro a biblioteca vai estar chea de ciencia: lecturas científicas, retos semanais, xogos... Cada semana sorpresas distintas, con que comezaremos?

 

venres, 4 de novembro de 2022

GAÑADORAS CONCURSO MICRORRELATOS


Parabéns ás gañadoras do noso concurso de microrrelatos do Samaín: que medo!!: Lucía M., Lucía G. e o primeiro premio para Rut B.

Moitos parabéns ás tres e atentas/os porque pronto escoitaredes os seus relatos na nosa radio na voz das suas autoras.

luns, 24 de outubro de 2022

QUE CHEGA O SAMAÍN!

Chega o Samaín e neste curso o noso lema é "Escribir na biblioteca" ... así que xa sabes!: tes ata o 28 para enviarnos as túas creacións en microrrelato ou microvídeo. 
Non agardes ao último momento, non vaia ser que as ánimas che impidan envialo.....

 

mércores, 5 de outubro de 2022

COMEZAMOS CO VOLUNTARIADO!


Comezamos a formar o equipo de voluntariado e que mellor manera que entregando os diplomas ao equipo que colaborou o pasado curso. Non están todas na foto pero a todas o noso agradecemento e parabéns!



 

venres, 30 de setembro de 2022

REAPERTURA DA NOSA BIBLIOTECA: UNHA BIBLIOTECA LIA

 Despois dun verán de traballos e dun comezo de curso rematando de colocar o equipamento e distribuir os espazos, conseguimos inaugurar a nosa nova biblioteca. Foi un camiño longo e traballoso pero aquí tedes o resultado. Para saber de onde vimos e como foi a nosa evolución fixemos este video: