luns, 17 de xuño de 2024

BRIÓN: FAINO POSIBLE

Presentamos o resultado do traballo que realizou o alumnado de 2ª ESO de Proxecto Competencial ao longo do curso. Traballaron sobre aspectos patrimoniais de Brión para poñelos en valor e facelos accesibles a todos e todas e como resultado, un folleto e unha páxina web na que tamén se inclúen videos con lingua de signos, subtitulado e audios explicativos. 

Podedes acceder á web premendo na imaxe


E podedes ver o folleto en galego premendo aquí e en castelán aquí



venres, 14 de xuño de 2024

AQUÍ HAI CANTEIRA!

En Brión temos excelentes deportistas que practican deportes que non sempre son ben coñecidos nin ocupan grandes titulares, neste vídeo temos algúns exemplos de xoves deportistas que contan como é a súa experiencia. 

Moi orgullosas/os deles/as!

        

luns, 10 de xuño de 2024