venres, 31 de maio de 2024

O DEPORTE É VIDA

Este é o lema e o deseño que escolleu Candela para o noso encerado máxico dedicado ao deporte. 
Cunha gran deportista como ela non podiamos estar máis contentas!




 

martes, 28 de maio de 2024

DÍA DA BICICLETA

Un ano máis, celebramos o Día da bicicleta tamén na biblioteca! 

Temos un obradoiro de chapas, unha selección de lecturas e os pósters feitos por alumnado de francés de 1º de ESO animando a practicar deporte!


luns, 27 de maio de 2024

ENCONTRO CON VÍCTOR BOULLÓN

Tivemos a sorte de contar coa visita de Víctor Boullón, autor de "Aleida, cidade sen alma" que mantivo un encontro co alumnado de 3º de ESO.

Lemos cómic e lemos en galego!





mércores, 22 de maio de 2024

PREMIOS CERTAME CULTURAL

Entregamos os premios do Certame cultural: parabéns a todas/os as/os premiados nas catro categorías!

 

xoves, 16 de maio de 2024

RECITAL POÉTICO-MUSICAL "LUISA VILLALTA"

 Con música e versos celebramos esta semana das letras galegas.: escoitando versos de Luísa Villalta nas voces de Antela, Violeta, Camida e David e coa música de Zoe e Adrián!




luns, 13 de maio de 2024

SEMANA DAS LETRAS

Nesta semana das letras, imos celebralo cun evento poético-musical e cunha exposición que percorre anteriores homenaxeados neste día!












martes, 7 de maio de 2024

OBRADOIRO NARRACIÓN ORAL

 Estas semanas temos a sorte de contar coa gran Sole Felloza que imparte un obradoiro de narración oral co alumnado de oratoria grazas ao programa de Radio na biblio. 

Un gran sorte aprender dela!




venres, 3 de maio de 2024

ESTREA "IBÁÑEZ CABARÉ"


Agardando ansiosos/as a estrea da obra "Ibáñez cabaré" co noso grupo de teatro "Teatro das maniotas", aproveitamos para mostrar a obra do gran historietista Ibáñez e agasallar cun marcapáxinas co elenco e outras informacións sobre a obra. 

Lectura e teatro, que boa combinación!




xoves, 2 de maio de 2024

ENCONTRO CON PEDRO DÍAZ

 O alumnado de 2º de ESO tivo a sorte de ter un encontro co director de cinema Pedro Díaz, nominado aos Goya e de orixe amiense. Cultura audiovisual, importante parte da nosa formación!