martes, 30 de abril de 2024

GALERÍA LITERARIA

 O alumnado de Literatura Universal preparou unha exposición cos traballos que fixeron sobre aiutores(as románticos con códigos QR para ampliar a información. 


Pasade a vela e aproveitade para ler algunha obra!


luns, 29 de abril de 2024

mércores, 24 de abril de 2024

ARTE CON PAPEL

Durante esta semana que celebramos o Día do Libro poderás aprender a crear con libros en desuso. Vén e aprende grazas a fantásticas monitoras!


 

OBRADOIRO ARTE CON PAPEL

Tivemos a gran sorte de ter con nós a @the_book_killer para aprender a crear arte con libros de expurgo. Que marabilla conseguiron facer en tan pouco tempo! Un luxo contar coa súa colaboración para aprender a crear!


 

martes, 23 de abril de 2024

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Cun gran deseño de Amaia axudada por un grupo estupendo, celebramos o Día do Libro animando á lectura tamén con imaxes e creatividade. 
Feliz Día do Libro!

 

luns, 15 de abril de 2024

OBRADOIRO ESTAMPACIÓN

 Esta semana estamos a tope co obradoiro de estampación e xa temos varios produtos conseguidos!. 

A que son chulos?  







venres, 12 de abril de 2024

A BIBLIOTECA, CENTRO DE ENCONTRO


 Hoxe a biblioteca encheuse de linguas, amizade e despedidas! 
O alumnado participante do intercambio co Lycée Gérard de Nerval viñeron á biblioteca para pasar os últimos momentos xuntos e facer chapas en recordo desta experiencia.




luns, 8 de abril de 2024

OBRADOIRO DE ESTAMPACIÓN

 A próxima semana imos estampar coa cricut. Vén ao obradoiro de estampación e trae o que queiras estampar: unha camiseta, unha bolsa, un estoxo.... non perDas a ocasión de aprender a estampar!